O Concello de Lalín selecciona unha praza de axente notificador/a - conserxe subtituto/a. A cobertura deste posto, de carácter temporal...

Convócase unha praza de Axente Notificador/a - Conserxe do Concello de Lalín


O Concello de Lalín selecciona unha praza de axente notificador/a - conserxe subtituto/a. A cobertura deste posto, de carácter temporal, prolongarase mentres dure a situación de incapacidade laboral temporal da persoa titular.


Requisitos para participar no proceso de selección


Para ser admitido/a á realización das probas selectivas desta praza as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser español/a ou posuír a nacionalidade de calquera dos Estados membros da Unión Europea ou a dalgún dos Estados aos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as nos termos definidos no Tratado Constitutivo da Unión Europea, en virtude dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, todo elo nos termos do artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

b) Ter cumpridos os 18 anos da idade, e non superar a idade máxima de xubilación.

c) Posuír o certificado de estudios primarios ou equivalente.

d) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto ao que aspira, non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non estar separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario/a do que estivese separado/a ou inhabilitado/a. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ser sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ó emprego público.

f) Non incorrer en causa de incapacidade ou incompatibilidade de acordo coa lexislación vixente.

g) Acreditar o coñecemento da lingua galega co obxecto de garantizar os dereitos constitucionais e lingüísticos das persoas usuarias do servizo de conformidade co artigo 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e a Disposición Adicional 2ª, apartado 2, da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014.

Todos os requisitos esixidos no apartado anterior deberán posuílos os/as aspirantes no día de remate do prazo para a presentación de solicitudes e conservalos, ao menos, ata a data do seu nomeamento como funcionario/a interino/a, no seu caso.


Sistema de selección


A selección realizarase mediante o sistema de concurso-oposición:

A fase de OPOSICIÓN consistirá na realización dunha proba teórica tipo test de 20 preguntas, un suposto práctico e unha proba de coñecemento da lingua galega, esta última só para aqueles/as aspirantes que non acrediten no prazo de presentación de instancias o seu coñecemento.

A fase de CONCURSO consistirá na valoración dos méritos alegados polos/as aspirantes de conformidade co baremo recollido nas bases da convocatoria.


Prazo de presentación de instancias


O prazo para a presentación de solicitudes é de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (07.04.2017).


Máis información


Bases de selección para o nomeamento como funcionario/a interino/a dun axente notificador/a-conserxe para o Concello de Lalín (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra -BOPPO- núm. 69 de 07.04.2017).

O Último