A Consellería de Economía, Emprego e Industria abre a convocatoria 2017 do  Programa de incentivos á contratación por conta allea das pe...

Incentivos á contratación por conta allea de persoas desempregadas de longa duración 2017


A Consellería de Economía, Emprego e Industria abre a convocatoria 2017 do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración.

Esta liña de axudas, dirixida aos/ás empregadores/as, ten como finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral do colectivo de desempregados/as de 45 anos ou máis atendendo á súa desvantaxe e dificultade particular para permanecer no mercado de traballo.


Entidades beneficiarias das axudas


Empresas, calquera que sexa a forma xurídica, incluídos autónomos/as, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, sermpre que contraten por conta allea  a persoas traballadoras desempregadas de longa duración, para prestaren servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.


Desempregados/as obxecto de formalización de contratos


Persoas desempregadas paradas de longa duración de 45 ou máis anos de idade, que na data da súa alta no correspondente réxime da Seguridade Social estean sen traballo e acrediten un período de inscrición como desempregadas no Servizo Público de Emprego de, polo menos, doce meses durante os dezaoito meses anteriores á súa contratación.


Incentivos


Incentivos á CONTRATACIÓN INDEFINIDA INICIAL de persoas desempregadas paradas de longa duración. Serán subvencionables as contratacións indefinidas iniciais realizadas con persoas desempregadas paradas de longa duración que se formalicen desde o día 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambas inclusive.

A contratación indefinida inicial poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo.

A contía mínima do incentivo é de 10.000 euros.


Prazo de presentación de solicitudes


O prazo xeral para a presentación das solicitudes iníciase o 07.04.2017 e remata o 30.09.2017.

As solicitudes polas contratacións subvencionables realizadas entre  entre o 01.10.2016 e a data da publicación da orde (06.04.2017) deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.


O Último