A vindeira fin de semana a aula móbil do Plan de Garantía Xuvenil recala en Lalín para informar sobre as vantaxes desta estratexia dirix...

A aula móbil do Plan de Garantía Xuvenil en Lalín o 5 e 6 de decembro


A vindeira fin de semana a aula móbil do Plan de Garantía Xuvenil recala en Lalín para informar sobre as vantaxes desta estratexia dirixida a mozos/as menores de 30 anos. A cita é na praza da Igrexa o sábado 5 e o domingo 6 en horario de 12.00 a 20.00 horas.

A aula conta coa presenza de técnicos/as orientadores de emprego, que estarán dispoñibles para explicar aos/ás que se acheguen en que consiste o programa, resolver todas as dúbidas e axudar co proceso de inscrición.

Que é Garantía Xuvenil?


O programa de Garantía Xuvenil en Galicia enmárcase dentro da Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven que contempla actuacións para mellorar a empregabilidade, facilitar a inserción no ámbito laboral, promover o emprendemento e mellorar a súa situación dentro do mercado de traballo. O obxectivo é que os/as participantes poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua, formación de aprendiz ou acceder a un período de prácticas nun prazo de catro meses despois de acabar a educación formal ou quedar desempregados/as

Para alcanzar este fin, o programa vertébrase en catro eixos: mellora da intermediación (servizo de orientación e información laboral), mellora da empregabilidade (talleres de emprego, prácticas non laborais en empresas), estímulos á contratación (bonificacións e incentivos ás empresas que contraten a mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil) e fomento do emprendemento (axudas á creación de empresas propias e cooperativas).

O plan está cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe dun 91,89%.

Reservar praza


O acceso aos servizos de información da aula móbil son libres pero é recomendable reservar praza no teléfono 881 995 700.

Máis información




O Último