ENCE lanza o seu Programa "Talento Galicia", un plan de bolsas dirixido a universitarios/as recentemente titulados/as que des...

Bolsas do Programa Talento Galicia de ENCE 2016



ENCE lanza o seu Programa "Talento Galicia", un plan de bolsas dirixido a universitarios/as recentemente titulados/as que desexen iniciar a súa carreira profesional participando activamente nos procesos e proxectos empresariais das distintas áreas que compoñen a empresa (Enxeñaría, Produción, Calidade, Seguridade e Medio Ambiente, Administración, Sistemas, Compras, Comunicación ou Capital Humano).

Para acceder a este programa e participar nos procesos de selección hai que inscribirse. Nesta convocatoria son 28 as bolsas, cunha xornada a tempo completo, que se ofertan en Galicia.

Requisitos:


Ser titulado universitario
Cursar os estudos nalgunha do tres Universidades galegas.
Finalizar a titulación universitaria nos últimos 3 anos.
Ser menor de 31 anos.
Non desempeñar traballo profesional remunerado relacionado coa titulación, baixo ningunha modalidade de contratación.

Titulacións:


Administración e Dirección de empresas
Publicidade e Relacións Públicas / Dobre Grao en Xornalismo e Comunicación Audiovisual
Relacións Laborais e Recursos Humanos
Enxeñaría en Organización Industrial
Enxeñaría Química
Enxeñaría Eléctrica
Enxeñaría Mecánica
Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Enxeñaría Minas
Enxeñaría Técnica Forestal e Montes

Data límite de inscrición: 13 de decembro 2015




Máis información


Programa "Talento Galicia"- ENCE Energía & Celulosa.

O Último