Coa finalidade de incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións agrarias e facilitar a entrada no sector agrario de novos/as agricultores/as a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia abre a convocatoria para o ano 2016 de liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014_2020.
Accións subvencionables
MEDIDA 1. Investimentos en activos físicos: Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias).
MEDIDA 2. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais:
1. Creación de empresas para os agricultores/as mozos/as.
2. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.