A Deputación de Pontevedra abre a convocatoria de 6 bolsas para realizar tarefas relacionadas coa arquivística, inventariado e catalogación de arquivos municipais no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico do ente provincial.
As bolsas terán unha duración de 6 meses e contarán cunha dotación económica de 800 € ao mes para cada bolseiro/a.
Requisitos de inscrición
- Entre os requisitos que deberán cumprir as persoas aspirantes están:
- Ser menor de 35 anos.
- Posuír o título de licenciado/a ou grao en Historia ou en Información e Documentación, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitude.
- Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos.
- Estar inscrito/a como demandante de emprego ou en mellora de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Proceso selectivo
No proceso de selección realizarase concurso e valoración da documentación de méritos presentada polas persoas aspirantes e entrevista persoal.
Prazo de Solicitude
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (16.12.2015).
Máis información
Bases que regulan a convocatoria de seis bolsas para licenciados/as ou gradurados/as en Historia ou en Información e Documentación con destino ao Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, 16.12.2015).
Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra.