Se es traballador/a autónomo ou profesional con domicilio social e fiscal en Galicia podes solicitar até o 30 de setembro de 2016 os...

Axudas para a contratación de persoas desempregadas por autónomos e profesionais



Se es traballador/a autónomo ou profesional con domicilio social e fiscal en Galicia podes solicitar até o 30 de setembro de 2016 os incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas que establece a Xunta de Galicia. A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou hoxe a convocatoria destes incentivos.

Requisitos


Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais:

1. Pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.
2. Pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

Máis información


O Último