A Consellería de Economía, Emprego e Industria abre a convocatoria 2016 de bolsas de formación (4) na Dirección Xeral de Comercio. O seu...

Bolsas de Formación da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia


A Consellería de Economía, Emprego e Industria abre a convocatoria 2016 de bolsas de formación (4) na Dirección Xeral de Comercio. O seu obxectivo é contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial.

Requisitos das persoas beneficiarias


Poderán optar á concesión destas bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliado/a na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.

c) Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou de grao. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición, ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2007 ou posterior.

d) Non gozar anteriormente doutra bolsa de formación na Dirección Xeral de Comercio, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior fose chamado da lista de reserva e gozase da bolsa por un período de tempo non superior a 3 meses.

e) Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.

f) Non gozar de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego.

g) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a.

h) Non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).

As persoas adxudicatarias adquirirán exclusivamente a condición de bolseiras, sen ningún outro vínculo laboral ou administrativo co órgano convocante nin coas entidades en cuxas dependencias se leve a cabo a formación.

Incompatibilidades


A percepción destas bolsas é incompatible con calquera outra bolsa ou axuda financiada por calquera administración, institucións ou entes públicos, así como con soldos ou salarios que impliquen vinculación contractual ou estatutaria das persoas interesadas.

Prazo de solicitude


O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia (30.12.2015).

Máis información


O Último