Fundación Mapfre dá a oportunidade aos mozos/as en situación de desemprego de acceder a unha das 240 bolsas de 500 euros libres de im...

Bolsas da Fundación Mapfre para a obtención do permiso de conducir B1 ou superior


Fundación Mapfre dá a oportunidade aos mozos/as en situación de desemprego de acceder a unha das 240 bolsas de 500 euros libres de impostos, para a obtención do permiso B1 ou superior.

Só é necesario superar un sinxelo test de coñecementos e rexistrarse como solicitante, ter entre 18 e 29 anos inclusive e acreditar estar en situación de desemprego en España no período desde o 1 de xaneiro de 2015 até o momento da solicitude da bolsa.

Requisitos


Aquelas persoas que queiran participar na obtención das bolsas deberán cumprir os seguintes requisitos:
Superar o test de seguridade viaria que se atopa en www.fundacionmapfre.org.
Estar rexistrado como solicitante da bolsa.
Ter entre 18 e 29 anos, ambos inclusive, no momento de superar o test.
Dispor de DNI ou cartón de residencia en España en vigor.
Estar en situación de desemprego, polo menos, desde o 1 de xaneiro de 2015 até o momento da solicitude.
Vivir no domicilio familiar.
Outorgaranse a mozos pertencentes a familias de escasos recursos, polo que se terán en conta os ingresos anuais da unidade familiar (o/a solicitante deberá facilitar todos os documentos necesarios e requiridos por Fundación Mapfre ou empresas delegadas para poder verificar que cumpre os requisitos).
Aceptar a política de privacidade e as bases da convocatoria.

Procedemento de adxudicación


As bolsas distribuíranse a razón de 50 bolsas ao mes no período de xullo a novembro de 2015 (salvo agosto, é dicir, durante 4 meses) e 40 bolsas en decembro (1 mes), que só poderán ser utilizadas para a obtención do carné de conducir da clase B ou superiores.

O gañador/a que non estea matriculado nunha autoescola adherida ao programa de seguridade viaria para mozos/as de Fundación Mapfre ten un prazo dunha semana para facelo desde a súa concesión.

O pago da bolsa farase mediante transferencia bancaria á autoescola adherida elixida polo alumno/a.

Período de inscrición


Até o 31/12/2015

Máis Información 


O Último