A Deputación de Pontevedra publica este xoves as bases reguladoras para a adxudicación de espazos para que emprendedores e empresas de n...

Tes un proxecto empresarial? Se es emprendedor/a xa podes solicitar espazo no viveiro de empresas de Lalín


A Deputación de Pontevedra publica este xoves as bases reguladoras para a adxudicación de espazos para que emprendedores e empresas de nova creación poidan establecerse, como máximo durante un ano, no viveiro de Lalín. A publicación faise conxuntamente coa do viveiro de empresas de Barro-Meis. 

O obxectivo da Deputación coa posta en marcha destes dous viveiros é a xeración de emprego, promover a diversificación da estrutura produtiva provincial, crear un medio idóneo para o apoio eficaz de iniciativas empresariais, así como contribuír á dinamización económica da provincia e das localidades nas que están situados estes dous viveiros.

Apoiar os primeiros pasos empresariais


O viveiro de empresas de Lalín pretende acoller de forma temporal emprendedores/as ou empresas que comecen a súa actividade económica para encamiñalas nos seus primeiros pasos no mercado, acompañarlas e prestarlles determinados servizos adaptados ás necesidades de cada proxecto empresarial. Ocupa unha superficie construída de 1.067,90 metros cadrados (distribuídos en 3 naves, 5 oficinas, 1 espazo de coworking e 1 sala de xuntas). Ofrece locais privados equipados con mobiliario e infraestruturas, áreas e servizos comúns de asesoramento e formación, a través dos departamentos da Deputación.

15 días de prazo para a primeira ocupación de espazos


A convocatoria de primeira ocupación dos espazos ten como prazo 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (10.12.2015). Os/as interesados/as deberáen presentar unha solicitude acompañada dunha declaración responsable, curriculum vitae, memoria descritiva da actividade, así como un estudo económico-financeiro, un cronograma de posta en funcionamento, creación de número de postos de traballo necesarios, especificación do réxime tributario e da seguridade social, fotocopia do DNI, escrituras de constitución e apoderamiento.

A selección de solicitudes realizarase cumprindo os principios de fomento da igualdade de xénero e non discriminación, atendendo aos criterios de viabilidade técnica e económica da actividade, postos de traballo xerados, carácter innovador da actividade e a situación de desemprego dos promotores.

Máis información


O Último