O Concello de Lalín solicitou 4 prazas para graduados/as universitarios/sa na convocatoria de bolsas do Plan de Práctica Laboral 2016 da Deputación de Pontevedra. Este plan está dirixido a persoas en desemprego sen experiencia previa que desexen completar a súa formación académica cun período práctico na administración local.
Titulacións solicitadas
As persoas que desexen acadar unha destas prazas de bolseiro/a deberán ter algunha das seguintes titulacións para ser seleccionados/as:
Diplomatura en Biblioteconomía e Documentación/Grao en Información e Documentación.
Diplomatura/Grao en Traballo Social.
Enxeñería Técnica Agrícola, especialidade en Industrias Agrarias e Alimentarias.
Licenciatura/Grao en Dereito.
Diplomatura/Grao en Traballo Social.
Enxeñería Técnica Agrícola, especialidade en Industrias Agrarias e Alimentarias.
Licenciatura/Grao en Dereito.