BBVA busca monitores/as para a Ruta Quetzal 2016. A expedición é unha viaxe que combina a educación en valores, o intercambio cultural e a aventura, descrubrimento doutras culturas, coñecemento de mozos/as doutros países iberoamericanos e experiencias únicas ao longo dunha viaxe por México e España durante un mes (do 28 de xuño ata o 29 de xullo de 2016).
As solicitudes para participar no proceso de selección teñen como data límite o 15 xaneiro 2016.
Requisitos para ser monitor/a da Ruta Quetzal BBVA 2016:
IDADE MÍNIMA: 24 anos cumpridos.
IDADE MÁXIMA: 28 anos.
TITULACIÓNS ACADÉMICAS: Licenciado, Grao, Doutor.
TITULACIÓNS ESPECÍFICAS: Socorrista acuático e terrestre.
CURRÍCULO (achegando foto tamaño carné)
Ademais dos requisitos imprescindibles valoraranse os seguintes aspectos:
Escrito dirixido á organización comentando as razóns por as que o candidato/a preséntase á selección de monitores/as.
Formación específica e titulación en técnicas e actividades deportivas de aire libre en alta montaña.
Experiencia na realización de campamentos e actividades de longa duración con mocidade.
Formación académica sobre cultura, historia e xeografía de Latinoamérica, especificamente de México e España.
Dedicación profesional, estudos actuais e deportes que práctica.
Ser expedicionario dalgunha edición anterior do programa.
Titulación de Educación Física e Deportes.
Procedemento de Selección - Fases
1ª Fase:
Ata o 15 de xaneiro de 2016 (inclusive): Presentación do currículo.
10 de marzo de 2016: Publicación na Web da lista preseleccionados.
2ª Fase:
19 de marzo de 2016: Entrevista persoal aos preseleccionados e
valoración de coñecementos xerais sobre os contidos do programa
Ruta BBVA 2016. Publicación na Web da lista de preseleccionados.
3ª Fase:
Do 1 ao 3 de abril 2016: Realización das probas de aptitude.
4ª Fase:
4 de maio de 2016: Publicación na Web dos monitores seleccionados
para a expedición Ruta BBVA 2016.
Máis información
Proceso selectivo Monitores/as Ruta Quetzal BBVA 2016