Nas vindeiras datas Lalín vai acoller diversas actividades de formación en temáticas relacionadas coa actividade empresarial, a agric...

Actividades formativas relacionadas coa actividade empresarial, a agricultura rexenerativa e o tempo libre en Lalín



Nas vindeiras datas Lalín vai acoller diversas actividades de formación en temáticas relacionadas coa actividade empresarial, a agricultura rexenerativa e ecolóxica e o tempo libre.


Xornada de Agricultura Rexenerativa de Agricultura Regenerativa Ibérica (ARI) e Nodo Galego de ARI



Curso de Pastoreo Racional Voisin (PRV)
Data: 6 de febreiro.
Horario: 09.15 - 20.00 horas.
Carga lectiva: 8 horas.

O sábado 6 de febreiro celebrarase na sala de prensa do Concello de Lalín un curso de "Pastoreo Racional Voisin". A xornada está organizada polo equipo de coordinación de Agricultura Regenerativa Ibérica (ARI) e o Nodo Galego de ARI en colaboración co gandeiro Roger Rabés, a gandaría O Alle, de Lalín, o Concello e o Sindicato Labrego. O curso ten horario intensivo e un custe de 75 euros. Será impartido polo profesor Luiz Carlos Pinheiro Machado.

Os/as interesados/as poden obter máis información e formalizar a matrícula mediante formulario online ou no email nodogalicia@agriculturaregenerativa.es.


Formación da Cooperativa Cobideza



Charla Informativa sobre a Utilización de Produtos Fitosanitarios
Data: 8 de febreiro.
Horario: 11.45 horas.

A cooperativa Cobideza organiza o vindeiro luns día 8 unha nova sesión informativa sobre a utilización de produtos fitosanitarios. A sesión terá lugar ás 11.45 horas na sede da cooperativa en Cercio (Lalín) e está aberta a toda persoa interesada.


Plan Formativo da Asociación de Empresarios do Deza (AED) 1º trimestre de 2016



A sede da Asociación de Empresarios do Deza (AED) acollerá no primeiro trimestre do ano varias accións formativas. Entre elas cursos de Prevención de Riscos Laborais (6 horas, 20 horas e 60 horas) nivel básico e en Carpintería Metálica, de Manipulador de Alimentos, Certificado de Aptitude Profesional (CAP), Poda, Redes Sociais na Empresa, E-Commerce ou Factura Face.


Xornada sobre “Novas Liñas de Axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria”
Data: 10 de febreiro
Horario: 19.00 horas.

A sede da Asociación de Empresarios de Deza (AED) acollerá o vindeiro mércores día 10 unhas xornadas técnicas sobre as novas liñas de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Ten como obxectivo difundir estas novas convocatorias entre as empresas e emprendedores. Entre elas destacan o apoio para facilitar os investimentos empresariais e dos emprendedores no acceso a circulante para pemes, a mellora da competitividade, internacionalización, innovación ou eficiencia enerxética. A xornada levará a cabo a partir das 19.00 horas nas instalacións da patronal dezana, en Lalín.


Curso de Instalacións, Reparacións, Montaxes, Estruturas e Carpintería Metálica
Data: 13 de febreiro
Horario: 8.00-14.00 horas
Carga lectiva: 6 horas

O curso abordará a definición de traballos do sector e técnicas preventivas específicas. O seu custo é bonificable a través das cotas da Seguridade Social.


Curso de Aplicador/a-Manipulador/a de Produtos Ffitosanitarios - Nivel Básico
Data: 10-19 de febreiro
Horario: 15.30-18.30 horas (agás unha xornada ata as 19.30)
Carga lectiva: 25 horas

Este curso busca dar saída aos requirimentos establecidos polo Real Decreto 1311/2012 de uso sustentable de produtos fitosanitarios que limita a venda dos produtos fitosanitarios de uso profesional soamente a aqueles agricultores/as e gandeiros/as que conten coa titulación.


Xornada sobre “Novidades Relevantes no Peche Fiscal do Exercicio de 2015”
Data: Sen concretar.
Horario: Tarde.

Nesta xornada, impartida por José Freire e Antonio Llarena, abordaranse os cambios máis significativos introducidos polas recentes reformas fiscais, así como os novos beneficios fiscais que poderían resultar de aplicación no Imposto sobre Sociedades para os periodos impositivos iniciados dende o 1 de xaneiro de 2015.


Para obter máis información, prezo de matrícula e inscricións, podes contactar coa técnica de emprego no Departamento de Formación da AED, Teresa López Romero, a través dos teléfonos 986787091 ou 667699161 ou do correo electrónico teresaromero@aedeza.com.


Formación de COESCO Lalín



Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre
Datas: 22 de febreiro ao 30 de marzo.
Horario: de luns a venres de 16:00 a 22:00 e sábados de 9:00 a 15:00.

Calquera persoa interesada pode obter máis información en COESCO Lalín (Avenida Buenos Aires, nº 100), no teléfono 986 783 988 ou no mail aldebaran@coesco.com.


O Último