O Concello de Lalín inicia proceso selectivo para cubrir, con carácter temporal (en réxime de funcionario/a interino/a), unha praza de...

Selección dunha praza de Arquitecto/a Municipal do Concello de Lalín


O Concello de Lalín inicia proceso selectivo para cubrir, con carácter temporal (en réxime de funcionario/a interino/a), unha praza de arquitecto/a municipal. O prazo para a presentación de solicitudes comeza mañá mércores 06.04.2016 e estará aberto durante 10 días hábiles.


Proceso selectivo


As persoas que desexen participar no proceso selectivo deberán estar en posesión do título de arquitecto/a, expedido con arranxo á lexislación vixente, ou no caso de titulacións obtidas no estranxeiro da credencial que acredite a súa homologación.

O procedemento selectivo realizarase polo sistema de concurso-oposición libre. Na fase de oposición os/as aspirantes terán que superar dous (2) exercicios, unha proba teórica (tipo test) de 90 preguntas sobre o contido do temario da convocatoria (parte xeral e específica) e unha proba práctica relativa ás tarefas propias das funcións asignadas á praza  (parte específica). As persoas que superen a fase de oposición continuarán no proceso coa valoración dos méritos curriculares, de experiencia e formación, aportados á convocatoria.


Prazo de solicitude


O prazo para a presentación de solicitudes é de 10 días hábiles. Do 06.04.2016 ao 16.04.2016, ambos os dous incluidos.


Máis información


O Último