A Deputación de Pontevedra convoca 15 bolsas para a realización de labores de información turística nas oficinas municipais de turismo...

Bolsas de Práctica Laboral nas Oficinas de Turismo Municipais da Provincia de Pontevedra


A Deputación de Pontevedra convoca 15 bolsas para a realización de labores de información turística nas oficinas municipais de turismo da provincia de Pontevedra.


Distribución das bolsas


— 10 bolsas de 3 meses de duración, do 15 de xuño ao 14 de setembro de 2016, para as oficinas e puntos de información turística da Guarda, A Illa de Arousa, Meis (mosteiro da Armenteira), Marín, Moaña, O Grove, Ribadumia, Silleda, Soutomaior (castelo) e Vilanova de Arousa

— 5 bolsas de cinco meses de duración, do 15 de xuño ao 14 de novembro de 2016, para os concellos da Illa de Arousa, Cangas, Nigrán, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa.


Destinatarios/as das bolsas


Persoas graduadas ou diplomadas en turismo, técnicos/as superiores en Información e Comercialización Turísticas e técnicos/as superiores en Guía, Información e Asistencias Turísticas.


Contía das bolsas


A dotación económica das bolsas será de 800 euros ao mes para as persoas graduadas e diplomadas e de 700 euros ao mes para as técnicas ou técnicos superiores,


Condicións das persoas aspirantes


Poderán beneficiarse destas bolsas as persoas físicas que, con plena capacidade de obrar e sen estaren inhabilitadas para obter axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

a) Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países membros da Unión Europea.

b) Estar en posesión dunha titulación de grao ou de diplomatura en Turismo, de técnica ou técnico superior en Información e Comercialización Turísticas ou de técnica ou técnico superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas, ou estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

c) Non ter rematados os seus estudos antes do ano 2006.

d) Non ter ningunha incapacidade física nin padecer ningunha enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.

e) Non beneficiarse con anterioridade dunha bolsa remunerada de duración superior a un ano na Deputación de Pontevedra nin nos seus extinguidos organismos autónomos.

f) Estar inscrita nalgunha oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante de emprego ou en mellora de emprego.

g) Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non estar contratado polo grupo 1, 2 ou 3 de cotización por un período de tempo superior a 12 meses.

h) Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV (para titulacións universitarias) e Celga III (para ciclos superiores de formación profesional).

i) Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ao centro de traballo de destino.

j) Non estar incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS).


Prazo de presentación de solicitudes


O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO 02.05.2016).


Máis información


Bases da convocatoria de 15 bolsas de práctica laboral en oficinas e puntos de información turística da provincia de pontevedra para o ano 2016 (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 83 de 02.05.2016).



O Último