A Fundación Galicia Innova porá en marcha en Lalín o proxecto PROEMGA, un programa de formación e acompañamento para mellora do emprendemento xuvenil en Galicia financiado pola Fundación INCYDE e o Fondo Social Europeo.
O proxecto contempla a realización dun itinerario integral de emprendemento para a potenciación de capacidades persoais e de autoemprego de mozos/as desempregados/as.
Desenvolverase, ademais de en Lalín, nas localidades de Lugo, Ferrol e Ribeira e as súas contornas.
En Lalín serán, concretamente, 25 os mozos/as beneficiarios/as.
Finalidade do proxecto
O obxecto do proxecto é mellorar a inclusión no mercado laboral de mozos/as menores de 30 anos que se atopen en situación de desemprego.
Requisitos dos/as participantes
As persoas que desexen participar deben ser menores de 30 anos, cumprir os requisitos de acceso e estar rexistradas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (alomenos durante o mes previo ao inicio do proxecto):
- Deben posuír unha titulación profesional ou universitaria.
- Non poden estar cursando formación nos sistemas de educación ou formación formal.
- Deben estar en situación de desemprego.
A selección de participantes e o inicio da parte formativa comezará no mes de setembro nas localidades do ámbito do proxecto: Lalín, Lugo, Ferrol e Ribeira e as súas contornas.
Fases do proxecto
O proxecto consta de 3 fases diferenciadas nas cales se potenciarán as capacidades persoais e de autoemprego dos mozos/as, mediante motivación, formación grupal e individualizada e mentoring.
Información e inscricións
Email: formacion@fundaciongaliciainnova.org.
Teléfono: 881 929 102