A Deputación Provincial de Pontevedra vai desenvolver durante o último cuatrimestre deste ano o programa DepoEmprende, unha iniciativa de fomento do emprendemento xuvenil que se levará a cabo nos espazos dos viveiros da rede de Incyde en Lalín, Barro-Meis, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía e Tui.
Finalidade do proxecto
O programa aposta por facilitar a incorporación ao mercado laboral de 120 mozos/as da provincia de Pontevedra a través de itinerarios de emprendemento xuvenil adaptados as súas necesidades.
O seu obxectivo é fomentar a cultura emprendedora e facilitar a transformación de ideas en proxectos concretos.
Requisitos dos/as participantes
As persoas que desexen participar deben ser menores de 30 anos e cumprir os requisitos de inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Deben, ademais:
- Estar sen ocupación.
- Non estar cursando formación nos sistemas de educación ou formación formal.
Fases do proxecto
O programa consta de varias fases diferenciadas nas que se realización talleres prácticos de promoción da cultura emprendedora, formación práctica grupal e individual, visitas a startups e actividades de apoio individualizado para a posta en marcha de negocios.
A inscrición e selección de participantes iníciase neste mes de agosto. A parte formativa desenvolverase entre os meses de setembro e outubro.
Información e inscricións
Email: depoemprega2016@depo.es
Teléfono: 981 160 128.
Información do Programa na web da Deputación Provincial de Pontevedra
Información do Programa na web da Deputación Provincial de Pontevedra
Facebook: https://www.facebook.com/DepoEmprende | Twitter: @depoemprende