O vindeiro 15 de novembro, ás 17.00 horas, vai ter lugar na sala de prensa do Concello de Lalín o acto de presentación dos servizos da Rede de Centros de Asesoramento SmartPeme da Deputación Provincial de Pontevedra dirixido ao sector empresarial local.
A Rede SmartPeme (www.smartpeme.depo.es) é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que conta con puntos de asesoramento, presenciais e personalizados, sobre TICs (Tecnoloxías da Información e Comunicación) e Novas Tecnoloxías (marketplace, comercio electrónico, ferramentas para mellorar a produtividade...) nas diferentes comarcas da provincia. Os centros SmartPeme están atendidos por asesores/as cualificados/as que prestan este servizo de información e asesoramento gratuíto a emprendedores, persoas autónomas, pequenas empresas e asociacións profesionais. Lalín conta cun punto de asesoramento SmartPeme situado no Viveiro de Empresas provincial (Polígono Lalín 2000, parcela E).
A xornada de presentación da Rede SmartPeme en Lalín realizarase o martes 15 de novembro de 2016 na sala de prensa do edificio do Concello (praza de Galicia nº 1). O acto de apertura terá lugar ás 17:00 horas e contará coa presenza de Rafael Cuíña Aparicio, Alcalde de Lalín, Dona María del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación de Pontevedra, e Don Francisco Javier Dios Pomares, Deputado Provincial de Innovación e Promoción Económica.
A xornada contará tamén coa intervención do Xefe de Proxecto de SmartPeme, José Antonio Piñeiro, e da asesora TIC SmartPeme, Eliana Bouzas Collazo, quen profundarán en como a carteira de servizos SmartPeme pode axudar a mellorar os negocios locais do sector empresarial de Lalín e resolverán as dúbidas que poidan xurdir.
A xornada, de carácter gratuíto, está aberta ao público en xeral. As persoas interesadas poden inscribirse no formulario do seguinte enlace: https://goo.gl/YjPb1C.
Aqueles/as participantes que estén interesados/as nos servizos ofertados, ao finalizar a xornada, a partir das 18.00h poderán ter a súa primeira reunión individualizada co asesor/a TIC. Para iso, é necesario solicitar cita previa chamando ao teléfono 886202020, contactando a través do correo electrónico (info.smartpeme@depo.es) ou indicándoo no formulario de inscrición da xornada (https://goo.gl/YjPb1C).

Organización da xornada

Inscricións

Programa do evento
17:00 - Apertura da xornada
María del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación de Pontevedra
Francisco Javier Dios Pomares, Deputado Provincial de Innovación e Promoción Económica
Rafael Cuíña Aparicio, Alcalde de Lalín
17:30 - Presentación da carteira de servizos SmartPeme
José Antonio Piñeiro, responsable da rede SmartPeme
Eliana Bouzas Collazo, asesora TIC SmartPeme
18:00 – Xuntanzas individuais coa asesora TIC (preferentemente con cita previa)
19:00 – Peche da xornada