O Concello de Lalín selecciona dous Técnicos/as de Inserción Laboral para a execución do programa temporal denominado Programa Integrado de Emprego (PIE) “MOCIDADE ACTIVA” dirixido á mellora da ocupabilidade e a inserción laboral de persoas traballadoras menores de 30 anos en situación de desemprego.
O programa combina accións de diferente natureza e ten un obxectivo cuantitativo de inserción laboral do 50% das persoas atendidas durante o seu desenvolvemento.
A selección de candidatos/as realizarase a través do sistema de concurso-oposición.
A fase de OPOSICIÓN constará de dous (2) exercicios:
a) PROBA ESCRITA TIPO TEST. De carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na realización dun cuestionario de trinta (30) preguntas tipo test e tres (3) preguntas de reserva, sobre o temario da convocatoria.
b) PROBA DE GALEGO. De carácter obrigatorio e eliminatorio para aqueles/as aspirantes que non acrediten documentalmente, no prazo de presentación de instancias, o coñecemento da lingua galega. Consistirá nunha proba escrita, a elección do Tribunal, baseada no enfoque comunicativo das funcións do posto, co requisito de nivel do Certificado de Lingua Galega CELGA 4 (nivel C1 do Marco europeo común de referencia para as linguas). Aqueles/as aspirantes que non acaden a consideración apto/a quedarán excluidos/as do resto do proceso selectivo.
A fase de CONCURSO consistirá na valoración dos méritos debidamente acreditados con arreglo ao baremo establecido no ANEXO I da convocatoria.
O prazo para presentar as solicitudes é de DEZ (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria (03.11.2016).
Bases reguladoras do proceso de selección de dous funcionarios/as interinos/as para a execución e desenvolvemento das accións do Programa Integrado de Emprego (PIE) "Mocidade Activa". Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 210 do 3 de novembro de 2016.
Páxina web municipal - Concello Aberto - Selección de Persoal.

Sistema de selección

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes é de DEZ (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria (03.11.2016).
Máis información