
A Fundación H+D, en colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Lalín, vai a poñer en marcha, do 14 de novembro a 19 de decembro, un curso de "Desenvolvemento de Competencias Persoais para o Emprego" de 30 horas de duración. A formación, de carácter gratuíto, está dirixida a persoas desempregadas de longo duración e impartirase en Lalín os luns de 9:00 a 14:00 horas.
Contidos
Traballaranse aspectos como a adquisisión de competencias de desenvolvemento persoal, a comunicación interpersoal, a resolución de conflitos ou a toma de decisións co obxecto de favorecer e apoiar unha axeitada incorporación ao mercado laboral.
Datas de realización, lugar e horario
Luns 14, 21, 28 de novembro e 12, 19 de decembro en horario de 9:00 a 14:00 horas na sala de prensa do Concello de Lalín.
Información e inscricións
Nos Servizos Sociais do Concello de Lalín. Concellería de Benestar Social. Departamento de Servizos Sociais Comunitarios. Teléfonos: 986 780 014 | 986 787 060.
Tamén na sede da Fundación H+D en Galicia ou chamando ao teléfono 881 031 319.
Tamén na sede da Fundación H+D en Galicia ou chamando ao teléfono 881 031 319.