A Deputación Provincial de Pontevedra convoca diversas prazas de persoal para a execución de varios programas dentro do Plan Provincial de Compostaxe “Revitaliza”. O sistema de selección é a oposición.
Número e características dos postos convocados
O número de postos, a súa denominación e características relaciónanse a continuación:
— 6 postos de persoal técnico de xestión de residuos municipais e tratamento de biorresiduos, do grupo A2.
— 2 postos de persoal técnico de xestión económico-administrativa, do grupo A2.
— 12 postos de mestres/as composteiros/as, do grupo C1.
Requisitos dos/as aspirantes
a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo cal se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.
b) Dispoñer de carné de conducir tipo B e ter disposición para realizar os desprazamentos aos centros de destino de traballo, considerando o Pazo provincial como centro de orixe.
c) Declaración xurada de aceptar a dispoñibilidade horaria no caso das persoas que opten aos postos de técnico/a de xestión de residuos municipais e tratamento de biorresiduos e de mestres/as composteiros/as, así como respecto aos desprazamentos aos centros de traballo.
d) Ter os 16 anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
e) Ter ou estar en condicións de obter a titulación esixida para cada un dos postos convocados.
f) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza á que aspira, non padecer ningunha enfermidade nin estar afectada por ningunha limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
g) Non estar separada, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para acceder ao corpo ou escala funcionarial do que estivese separada ou inhabilitada. No caso de ser nacional doutro estado non atoparse inhabilitada ou en situación equivalente nin ser sometida a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos acceder ao emprego público.
h) Ingresar a cantidade fixada como dereitos de exame (postos do grupo A2: 30 €, postos do grupo C1: 25 €). Estan exentas de pagar os dereitos de exame as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.
Prazo de solicitude
O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (15.03.2017).
Máis información
Convocatoria de nomeamento interino de persoal diverso para executar o programa de carácter temporal "Revitaliza" (BOPPO núm. 52 do 15 de marzo de 2017).