Data: 15-03-2017 Posto: FONTANEIRO/A  (PERSOA CON DISCAPACIDADE) Lugar: Lalín. Descrición: Precísase fontaneiro/a para reparacións de ...

Ofertas de Emprego (Marzo 2017) 1ª

Data: 15-03-2017
Posto: FONTANEIRO/A (PERSOA CON DISCAPACIDADE)
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase fontaneiro/a para reparacións de fugas de auga entre outras funcións propias do posto.
Requisitos: Coñecementos prácticos de fontanería e albanelería. Certificado de discapacidade e/ou incapacidade permanente. Carné de conducir para realizar desprazamentos na comarca do Deza.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Fontaneiro/a".

Data: 14-03-2017
Posto: PROMOTOR/A DE VENDAS
Lugar: Lalín.
Descrición: Alentis, S.L.U. (Facility Services Alentis) precisa promotor /a para traballar nun coñecido centro comercial de Lalín.
Requisitos: Experiencia en vendas de polo menos 1 ano. Formación mínima de EXB, ESO.
Publicada/Xestionada: Laboris.net.

Data: 14-03-2017
Posto: PROMOTOR/A DE VENDAS (PERSOA CON DISCAPACIDADE)
Lugar: Lalín.
Descrición: Insertia Empleo selecciona promotor/a para promoción de venda de colchóns en grande superficie (Centro Comercial Carrefour). Funciones e tarefas: atención a clientes, venda, cobros en caixa, xestión administrativa das vendas, promoción, ofrecer información e asesoramento acerca dos colchóns dunha marca especializada. Horario de tarde.
Requisitos: Experiencia no posto de máis de 6 meses. Valorarase experiencia nos seguintes campos: comerciais, vendas, dependentes de grandes superficies.
Publicada/Xestionada: Por Talento.

Data: 14-03-2017
Posto: PROMOTOR/A DE PRODUTOS DE DESCANSO
Lugar: Lalín.
Descrición: Adecco Outsourcing selecciona promotor/a de produtos de descanso. Funcións: promoción, asesoramento e incentivación de venda de produtos de descanso (almofadas, somieres, colchóns, etc.). Proxecto estable. Data de incorporación: venres 24 de marzo. Días de traballo: luns, martes, xoves, venres e sábados. Horario de 16.00 a 21.00 horas
Requisitos: Experiencia en atención ao/á cliente, promocións, venda, etc. Dispoñibilidade total en horarios e días de traballo expostos. Experiencia non requirida.
Publicada/Xestionada: Yobalia.

Data: 14-03-2017
Posto: PROMOTOR/A (16 de marzo)
Lugar: Lalín.
Descrición: OUTYCOM selecciona promotor/a para promoción e oferta de degustacións dunha marca de café en Centro Comercial de Lalín o xoves 16/03/2017 en horario de 16:00 a 20:30 horas.
Requisitos: Experiencia non requirida.
Publicada/Xestionada: Yobalia.

Data: 14-03-2017
Posto: APRENDIZ DE CARPINTEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase aprendiz de carpinteiro/a.
Requisitos: Imprescindible permiso de conducir.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as contactar vía email.

Data: 14-03-2017
Posto: ALBANEL/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase albanel/a.
Requisitos: Experiencia mínima dun ano. Experiencia demostrable como encofrador/a. Valorable Curso de Prevención de Riscos Laborais. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017M22.

Data: 14-03-2017
Posto: OPERARIO/A DE CARPINTERÍA DE ALUMINIO
Lugar: Lalín.
Descrición: Aluminio Aperglass SL precisa persoa para corte, fabricación e montaxe de aluminio.
Requisitos: Con experiencia demostrable en corte, fabricación e montaxe en carpintaría de aluminio.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 13-03-2017
Posto: PROMOTOR/A DE VENDAS (3 vacantes)
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísanse 3 promotores/as para acción de vendas e degustación de produto en centro comercial. Inicio 23 de marzo. Remuneración 6€/brutos/hora.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Con experiencia en degustación. Con dispoñibilidade para diferentes campañas de clientes. Imprescindible carné de manipulador/a de alimentos. Persoa proactiva e con don de xentes. Con experiencia no sector.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Promotor/a".

Data: 12-03-2017
Posto: CARPINTEIRO/A METÁLICO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase carpinteiro/a metálico/a.
Requisitos: Con experiencia en corte e fabricación para carpintería metálica de aluminio.
Publicada/Xestionada: Particular: ☎ 659492202 (interesados/a chamar de luns a venres de 09:00 a 20:00h).

Data: 10-03-2017
Posto: PROMOTOR/A (23 e 24 de marzo)
Lugar: Lalín.
Descrición: GrupoUno CTC selecciona promotor/a de produtos de clientes. Contrato días 23 e 24 de marzo. Ofrécese posibilidade de continuar realizando promocións.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima de polo menos 1 ano en promocións ou como azafato/a. Residencia en Lalín ou proximidades.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 10-03-2017
Posto: AUXILIAR DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase auxiliar para apoio e atención hixiénico-sanitaria (aseo/hixiene persoal e vestido) de persoa dependente (muller con discapacidade). Traballo 2 días á semana, 2 horas/día, en horario a convir.
Requisitos: Persoa con formación e/ou aptitude para a asistencia no domicilio de persoa con discapacidade. Preferiblemente muller. Con permiso de conducir ou con posibilidade de desprazarse a domicilio situado a 5 km do centro de Lalín.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Auxiliar Sociosanitaria".

Data: 10-03-2017
Posto: FORMADOR/A LEGIONELLA
Lugar: Lalín e outros.
Descrición: Precísase formador/a de Legionella para impartir cursos relacionados con esta materia en toda Galicia.
Requisitos: Con experiencia acreditada. Titulación académica: licenciado/a en farmacia ou equivalente ou Ciencias da Saúde.
Publicada/Xestionada: Particular (Patricia Sánchez). Interesados/as contactar vía email.

Data: 09-03-2017
Posto: COIDADOR/A  OFERTA PECHADA
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase coidador/a para acompañamento de persoa maior (muller). Traballo noite-mañá, todos os días da semana (incluídos fins de semana). Horario de 22.00 a 09.00 horas.
Requisitos: Preferiblemente muller.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Coidador/a".

Data: 09-03-2017
Posto: CONDUTOR/A DE CAMIÓN ARTICULADO
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase condutor/a de camión articulado para ruta nacional e internacional.
Requisitos: Con todos os permisos de conducir (ata C+E) e CAP en vigor. Dispoñibilidade inmediata. Valorarase experiencia mínima dun ano.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Condutor/a Camión".

Data: 08-03-2017
Posto: PROMOTOR/A DEGUSTACIÓN (23, 24 e 25 de marzo)
Lugar: Lalín.
Descrición: Essentia selecciona persoal para realizar promoción de produtos Pescanova en Hiper. Os días e horario de realización da promoción son: 23, 24 e 25 de marzo de 2017 en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas. Remuneración: 42€ brutos/día + quilometraxe e dieta comida.
Requisitos: Experiencia non requirida. Persoa con carné de manipulador/a de alimentos e permiso de conducir.
Publicada/Xestionada: Yobalia.

Data: 06-03-2017
Posto: AZAFATO/A APERTURA HIPER (23 ao 28 de marzo)
Lugar: Lalín.
Descrición: Eme2 Field Marketing selecciona azafato/a promotor/a para apertura dunha gran superficie. Traballo do xoves 23 ao martes 28 de marzo (agás domingos). Funcións: degustación de distintos produtos de marca propia con flyers de apoio. Materiais: caseta e delantal, utensilios bandexas, vasos etc... (enviarase ao domicilio). Condicións: 171€ netos e alta na Seguridade Social.
Requisitos: Estudios mínimos de BUP/COU. Experiencia de 3 anos. Experiencia en promocións con degustación. Idade arredor dos 25 anos. Boa imaxe. Carné de manipulador/a de alimentos. Perfil moi comercial (coñecementos de promoción de vendas). Persoa responsable cos materiais da acción, con axilidade coa documentación de acreditación no seu centro e no seguimento das pautas do seu coordinador/a. Permiso de conducir (necesario coche). Esíxese uniformidade: camisa ou camiseta negra lisa, pantalón negro liso (non legins), zapato clásico negro ou manoletina negra. Pelo en coleta alta, maquillado/a perfectamente. Dispoñibilidade total e compromiso para os 5 días da acción. Residencia en Lalín ou próxima (non se aboa quilometraxe).
Publicada/Xestionada: Yobalia.

Data: 06-03-2017
Posto: DEPENDENTE DE PRODUTOS DE DESCANSO
Lugar: Lalín.
Descrición: Synergie TT ETT, selecciona dependente/a de produtos descanso. Realizará funcións de: atención ao/á cliente; promoción das vendas e xestión das vendas de produtos de descanso. Contrato de 20 horas semanais. Campaña de 4 meses. Posibilidade de realizar próximas campañas.
Requisitos: Estudos mínimos de Bacharelato. Experiencia mínima de polo menos 2 anos. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Perfil orientado ao/á cliente, comercial ou vendas. Valórase experiencia no sector de produtos de descanso. Boa presenza.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 06-03-2017
Posto: TÉCNICO/A COMERCIAL E DE VENDA TELEFÓNICA
Lugar: Lalín.
Descrición: Sertego Servizos Ambientais SLU, empresa pertencente á xestión de residuos, precisa técnico/a comercial e de venda telefónica. As funcións a desempeñar serán: captación de novos/as clientes e mantemento de carteiras; preparación e seguimento de ofertas; planificación de visitas; asesoramento a clientes; xestión administrativa derivada da propia tarefa comercial. Beneficios sociais: porcentaxe sobre obxectivos, teléfono móbil e outros beneficios: coche empresa (tras período de proba).
Requisitos: Estudos mínimos de Ciclo Formativo Grao Superior. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Experiencia comercial. Coñecementos xestión de residuos.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 06-03-2017
Posto: DELINEANTE MECÁNICO/A (SOLIWORKS)
Lugar: Lalín.
Descrición: Tecglass S.L. precisa delineante mecánico/a para deseño en 3D (Solidworks) de maquinaria industrial, desenvolvemento de despices en 2D para fabricación e creación de planos de conxunto para montaxe.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Superior. Experiencia mínima non requirida. Coñecementos necesarios de 3D, AutoCad, deseño de maquinaria industrial, uso de software de deseño mecánico 2D e 3D, resolución de problemas, SolidWorks, traballo en equipo. Valorarase coñecemento en fabricación/deseño de maquinaria industrial; interese pola aprendizaxe e mellora continua; capacidade e organización de traballo en equipo; iniciativa propia; capacidade de resolución de problemas; responsabilidade; motivación e vinculación coa empresa; interese por novas tecnoloxías; dispoñibilidade horaria.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 05-03-2017
Posto: PROGRAMADOR/A C# .NET HMI SCADA
Lugar: Lalín.
Descrición: Tecglass S.L. precisa programador/a C# .NET HMI SCADA. Realizará as seguintes funcións: programación de módulos específicos para HMI existente, documentación HMI e test de funcionamento de HMI.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio. Experiencia mínima de polo menos 2 anos. Coñecementos necesarios de: C#, .dxf, documentación. Valoraranse coñecementos en programación de alto nivel e moi especialmente en C#. Nivel medio de inglés. Persoa responsable, organizada, resolutiva, con iniciativa e orientada a traballo en equipo. Alto nivel de implicación cos obxectivos propostos. Interese polas novas tecnoloxías.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 04-03-2017
Posto: TÉCNICO/A ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Empresa pertencente ao sector da xestión de residuos precisa incorporar técnico/a administrativo/a.
Requisitos: Valoraranse coñecementos en lexislación ambiental e en documentación asociada á recollida de residuos, así como a experiencia neste sector.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 03-03-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Hotel Restaurante Pontiñas*** precisa camareiro/a.
Publicada/Xestionada: Hotel Restaurante Pontiñas (Rúa da Ponte nº 82, 36500 Lalín): ☎ 986787147.

Data: 03-03-2017
Posto: DOCENTE CURSOS DE MANEXO DE DESFIBRILADORES E SOPORTE VITAL BÁSICO
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase docente para impartir cursos de manexo de desfibriladores e soporte vital básico.
Requisitos: Acreditar experiencia e formación na materia.
Publicada/Xestionada: Alvalop (Patricia): ☎ 986783582. Interesados/as enviar curriculum ao email: info@alvalop.gal.

Data: 02-03-2017
Posto: CORTADOR/A DE XAMÓN
Lugar: Lalín.
Descrición: GrupoUno CTC seleccióna cortador/a de xamón. Terá como funcións cortar xamón e degustación do produto. Ofrécese contrato os días 23, 24, 25 de marzo e 6, 7 e 8 de abril.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima de polo menos 1 ano como charcutero/a ou cortador/a de xamón. Persoa puntual e traballadora. Con disposición de utensilios para o corte.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 02-03-2017
Posto: PROMOTOR/A STAND CENTRO COMERCIAL (25 vacantes)
Lugar: Lalín.
Descrición: Flexibleos busca 25 promotores/as para a inauguración de novo hipermercado/centro comercial en Lalín. Contrato de 30 horas semanais cuxa función principal será a comercialización duns cartóns de socios/as gratuítos que ofrecen descontos e financiamentos especiais aos/ás clientes dunha coñecida cadea de hipermercados. Como promotor/a comercial  encargaranse da captación do/a cliente final e a comercialización do produto gratuíto así como de reportes diarios de vendas. Xornada de 30h semanais. Formación inicial a cargo da empresa. Posibilidade de promoción.
Requisitos: Experiencia mínima non requirida. Estudos mínimos Educación Secundaria Obrigatoria. Imprescindible residente na provincia. Coñecementos de atención ao/á cliente; promoción de vendas; venda e atención ao/á cliente. Dispoñibilidade completa e de incorporación inmediata. Habilidades comunicativas para a venda e atención ao cliente.
Publicada/Xestionada: Infojobs.





Data: 12-03-2017
Posto: CARPINTEIRO/A METÁLICO/A
Lugar: Rodeiro.
Descrición: Precísase carpinteiro/a metálico/a.
Requisitos: Preferiblemente menor de 30 anos. Valorarase experiencia e coñecementos de soldadura.
Publicada/Xestionada: Particular: ☎ 678852061.

Data: 09-03-2017
Posto: ASESOR/A COMERCIAL
Lugar: Comarca do Deza e outros.
Descrición: Previsora Bilbaina G.C.C. precisa asesor/a comercial para zona do Deza, Santiago de Compostela, Salnés, Tabeirós, Arzúa e Melide. Condicións segundo experiencia: fixo+variable+incentivos+campañas+apoio formación.
Requisitos: Con experiencia en seguros. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Particular (Alejandra). Interesados/as contactar vía email.

Data: 08-03-2017
Posto: ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Ega Consultores selecciona administrativo/a para importante empresa industrial. En dependencia da dirección financeira, a persoa seleccionada responsabilizarase de garantir que os pedidos dos/as clientes se vexan satisfeitos en tempo e en forma, coordinando os seus labores con varios departamentos da empresa: como interlocutor/a entre a rede comercial nacional e o almacén, responsabilizarase de xestionar adecuadamente os pedidos, enviando a información necesaria ao técnico/a de almacén para o envío de material ao/á cliente final;  como receptor/a de os pedidos de clientes internacionais, será a persoa encargada de xestionar o envío do orzamento solicitado e de transmitilo, unha vez aceptado polo/a cliente, para o proceso de fabricación e posterior envío ao/á cliente final; asegurar o aprovisionamento do almacén e xestionar adecuadamente a súa planificación en función das estimacións realizadas e o histórico de pedidos de anos anteriores; atención a clientes e á rede comercial, xestionando calquera incidencia que poida xurdir e anticipándose a problemas que poidan derivar do envío dos pedidos solicitados; xestionar a loxística do envío, seleccionando a mellor opción de transporte combinando prazo de entrega e custo,  coordinando esta función con Almacén e Fabricación. Ofrécese a incorporación a unha empresa en pleno crecemento e a unha posición con potencial de desenvolvemento.
Requisitos: Formación profesional de Ciclo Superior en Administración ou similar ou Grao Universitario en Empresas, Administración. Valorable experiencia desempeñando funcións administrativas en compras, almacén de 2-3 anos. Nivel avanzado Excel. Nivel intermedio-alto de inglés. Persoa moi organizada e rigorosa, con boa capacidade para traballar en equipo e cun desenvolvemento avanzado das súas habilidades comunicativas. A persoa necesitará ser proactiva e ter capacidade de resolver as incidencias cos/as clientes de maneira rápida e eficiente. Con competencias conductuais: análise de problemas, atención ao/á cliente, autoorganización, disciplina, orientación ao/á cliente e competencias directivas. Dispoñibilidade para viaxar.
Publicada/Xestionada: Ega Consultores.

Data: 08-03-2017
Posto: RESPONSABLE DE DESENVOLVEMENTO DE NOVOS PRODUTOS 
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Ega Consultores selecciona responsable de desenvolvemento de novos produtos para empresa industrial. En dependencia do xerente, a persoa seleccionada encargarase de levar a cabo, sobre todo no laboratorio químico da empresa, o desenvolvemento e mellora de produtos para satisfacer as necesidades do mercado: investigar a aplicación de novas materias primas e procesos de forma que se optimice o rendemento do produto; proporcionar a información necesaria para a elaboración de patentes; brindar apoio técnico á área de produción de forma que se mellore a calidade e eficiencia dos procesos e produtos; proporcionar apoio ás áreas de produción e control de calidade para a solución de incidencias de fabricación; axudar a alcanzar os obxectivos de mellora de procesos, seguridade e calidade da empresa; proporcionar soporte técnico a clientes e área de vendas baseado no coñecemento de produto e aplicación.
Requisitos: Experiencia de 1-2 anos en áreas de produción e/ou laboratorio. Formación universitaria en Enxeñería Química ou Industrial. Nivel intermedio-alto de inglés (imprescindible). Persoa moi organizada e rigorosa, con boa capacidade para traballar en equipo e capaz de propor solucións innovadoras. Creativa, proactiva e con alta capacidade de traballo. Con competencias conductuais: ambición profesional, análise de problemas, atención ao detalle, autoorganización, comunicación oral, independencia, innovación/creatividade, tolerancia á tensión, traballo en equipo/cooperación e competencias directivas. Orientada a resultados e que queira incorporarse a unha empresa en crecemento e a unha posición con potencial de desenvolvemento. Dispoñibilidade para viaxar.
Publicada/Xestionada: Ega Consultores.

Data: 06-03-2017
Posto: PEÓN/A AGRÍCOLA
Lugar: Vila de Cruces.
Descrición: Precísase peón/a agrícola para traballar en granxa de vacas leiteiras. Ofrécense 905€ ao mes.
Publicada/Xestionada: Particular (Javier González): ☎ 678092064.

Data: 06-03-2017
Posto: EMPREGADO/A DO FOGAR INTERNO/A
Lugar: Rodeiro.
Descrición: Precísase empregado/a do fogar interno/a para atender casa particular: limpeza, cociña, acompañamento de persoa maior (non dependente). Ofrécese salario de 1.000 €, contrato laboral, alta na Seguridade Social e descansos que establece a lei.
Requisitos: Dispoñibilidade para traballar interno/a (días e noites). Coñecementos de cociña caseira tradicional. Valorable coñecementos para a preparación de dietas especiais (diabete). Preferiblemente que a persoa sexa da zona (comarca).
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Empregado/a do fogar".

Data: 03-03-2017
Posto: APRENDIZ DE CARPINTERÍA METÁLICA
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase aprendiz de carpintería metálica.
Requisitos: Boa disposición. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Valorable experiencia no sector do aluminio. Formación en prevención de riscos laborais.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017M21.

Data: 03-03-2017
Posto: ENXEÑEIRO/A INDUSTRIAL
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase enxeñeiro/a técnico/a para oficina técnica do sector metal.
Requisitos: Experiencia en deseño de pezas e cálculo de estruturas metálicas. Valorable boa aptitude comercial e dispoñibilidade horaria.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017M20.

Data: 03-03-2017
Posto: RESPONSABLE DE ALMACÉN
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase responsable de almacén para realizar a xestión e organización do mesmo.
Requisitos: Experiencia acreditada en posto similar. Valorable experiencia en labores de facturación.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017M19.





Data: 15-03-2017 
Posto: XESTOR/A DE CONTABILIDADE
Lugar: Chantada (Lugo).
Descrición: Precísase persoa para xestión de contabilidade.
Requisitos: Con formación en xestión de contabilidade.
Publicada/Xestionada: Universidade de Santiago de Compostela. Interesados/as enviar curriculum ao email: maria.bastida@usc.es xunto con autorización para poder remitir dita información (datos persoais) á empresa seleccionadora.

Data: 15-03-2017 
Posto: TÉCNICO/A DE PROCESOS
Lugar: Ourense.
Descrición: Coren SCG selecciona técnico/a de procesos para plantas de depuración industrial e centro de procesado de subprodutos; control de procesos; análises químicas; xestión de calidade; detección e diagnose de problemas técnicos (achega de solucións). Xornada completa en horario rotativo de 8:00 a 16:00 e de 14:00 a 22:00 horas.
Requisitos: Recén titulados/as en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais ou Enxeñaría Química.
Coñecementos de ciencias ambientais, depuración de augas residuais, calidade alimentaria, PRL. Orientación a resultados, capacidade de traballo, dispoñibilidade e iniciativa.
Publicada/Xestionada: Coren SCG (Rebeca García Fernández). ☎ 988369400. Interesados/as enviar curriculum ao email: rebeca.garcia@coren.es (data límite de recollida dos curriculums: xoves 30 de marzo de 2017).

Data: 15-03-2017 
Posto: COORDINADOR/A DE PRODUCIÓN
Lugar: Arzúa (A Coruña).
Descrición: Toldos Gómez SL precisa coordinador/a de produción. En dependencia do director de produción e formando parte da súa staff, participará activamente no establecemento da estratexia, definición de obxectivos e de plans de produción en cada unha das unidades produtivas.
Requisitos: Experiencia mínima de polo menos 2 anos en departamentos de produción, planificando a produción e utilizando un ERP. Estudos mínimos de Grao en Enxeñería Industrial (preferentemente especialidade en organización). Valorable traballar en procesos a medida e baixo pedido. Persoa con capacidade analítica, habituada a traballar baixo presión e con dotes de comunicación. Valorarase dominio do inglés.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 15-03-2017 
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase camareiro/a a media xornada.
Publicada/Xestionada: Particular (Pedro). ☎ 616124610.

Data: 15-03-2017 
Posto: MECÁNICO/A
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Rada Galicia precisa mecánico/a para maquinaria de obra pública.
Requisitos: Con experiencia. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Rada Galicia (Rúa Hedras, 42 A -Polígono Novo Milladoiro-, 15895 Ames-A Coruña). ☎ 881959271. Interesados/as enviar curriculum ao email: administracion@radagalicia.com.

Data: 14-03-2017 
Posto: REPARTIDOR/A
Lugar: Lugo.
Descrición: Grupo Externa selecciona repartidor/a. Encargarase de realizar a ruta asignada, da carga e descarga de furgoneta, así como de cotexar o material cos albaráns que entrega ao/á cliente, así como de asegurarse de devolvelos coa firma de recepción por parte da empresa cliente. Contrato a xornada completa de luns a venres.
Requisitos: Imprescindible experiencia como repartidor/a na zona de Lugo e arredores. Valorable coñecementos no sector da automoción.
Publicada/Xestionada: Grupo Externa.

Data: 14-03-2017 
Posto: COMMUNITY MANAGER
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Precísase community manager para xestión de páxina web e potenciar as redes sociais.
Requisitos: Con experiencia probada en start up ou empresa, que poida demostrar resultados tanxibles para lanzar a páxina web e potenciar as redes sociais. Nivel de coñecemento moi alto sobre campañas en redes sociais e a súa posterior análise dos resultados, co fin de potenciar as que arroxen as maiores conversións e descartar as que menos acheguen. Todo isto debe realizalo con especial axilidade diaria para manter a demanda en niveis moi altos.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 14-03-2017 
Posto: ESPECIALISTA EN PONTE GUINDASTRE (3 vacantes)
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: Eurofirms selecciona 3 especialistas en ponte guindastre para empresa do sector do metal do Carballiño. Horario en quendas rotativas.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Experiencia en posto similar. Imprescindible certificado de ponte guindastre. Manexo de ponte guindastre con pesos de gran tonelaxe.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 13-03-2017 
Posto: REPARTIDOR/A DE PRENSA (3 vacantes)
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísanse 3 repartidores/as de prensa. Traballo en horario nocturno de 4 a 8 da mañá.
Requisitos: Persoa áxil. Coñecedora do rueiro de Santiago. Con vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 13-03-2017 
Posto: CAMAREIRO/A (Urxente)
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase camareiro/a para fins de semana urxente. Traballo a 10 minutos das Lagoas.
Requisitos: Imprescindible coche.
Publicada/Xestionada: Particular (Ana María Rodríguez): ☎ 647034584.

Data: 12-03-2017 
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase camareiro/a para comedor e barra.
Requisitos: Con 2 anos de experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular: ☎ 678801316.

Data: 10-03-2017 
Posto: MODISTO/A
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Precísase modisto/a pantaloneiro/a.
Requisitos: Con experiencia de 36 meses.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012.

Data: 10-03-2017 
Posto: DEPENDENTE/A DE FERRETERÍA
Lugar: Lugo.
Descrición: Nortempo selecciona dependente/a de ferretería para cubrir unha baixa. Traballo a xornada completa (40 horas semanais) durante uns 3 meses.
Requisitos: Experiencia en traballos de cara ao público. Coñecementos básicos de administración, xestión de cobros, etc. Imprescindible dispoñibilidade horaria. Valorable carné de carretilleiro/a.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 10-03-2017 
Posto: AUXILIAR DE ENFERMERÍA EN XERIATRÍA
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase auxiliar de enfermería de xeriatría para contrato en prácticas.
Requisitos: Persoa beneficiaria do Sistema Nacional Garantía Xuvenil. Permiso de conducir. Carné manipulador/a de alimentos.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012.

Data: 10-03-2017 
Posto: PINTOR/A DE VEHÍCULOS
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Randstad selecciona pintor/a de vehículos para concesionario.
Requisitos: Valorable experiencia previa no posto.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 08-03-2017 
Posto: TÉCNICO/A DE EDIFICACIÓN
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase técnico/a de edificación.
Requisitos:  Formación en arquitectura técnica, ciclo superior edificación e obra civil ou similar.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as enviar curriculum con fotografía recente ao Apartado de Correos 1108 – 32001 Ourense.

Data: 08-03-2017 
Posto: SOLDADOR/A - MONTADOR/A
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: Eurofirms selecciona soldador/a - montador/a
Requisitos: Imprescindible experiencia de soldadura en fío.
Publicada/Xestionada: Eurofirms: ☎ 988215314.

Data: 07-03-2017 
Posto: OPERARIO/A DE FÁBRICA (PERSOA CON DISCAPACIDADE)
Lugar: Vedra (A Coruña).
Descrición: COGAMI selecciona operario/a de fábrica. Xornada completa continua.
Requisitos: Imprescindible certificado de discapacidade. Coñecementos de soldadura e mecánica. Habilidades no manexo de ferramentas.
Publicada/Xestionada: COGAMI (Ana Vázquez): ☎ 981574698. Interesados/as enviar curriculum ao email: sil@cogami.es.

Data: 07-03-2017 
Posto: DEPENDENTE/A DE FROITERÍA
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Fruterías Doi SL precisa dependente/a.
Publicada/Xestionada: Fruterías Doi SL. Interesados/as enviar curriculum ao email: rrhh@fruteriasdoi.es.

Data: 07-03-2017 
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: A Ponte Ulla, Vedra (A Coruña).
Descrición: Precísase camareiro/a a media xornada.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular: ☎ 649952594.

Data: 07-03-2017 
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: Ourense.
Descrición: El Asador de Roa precisa cociñeiro/a a xornada completa.
Requisitos: Persoa cualificada e con experiencia. Que teña ganas de traballar e desenvolver os seus coñecementos.
Publicada/Xestionada: El Asador de Roa (Emilio Alonso Aladro): ☎ 627543424 - 988372276 - info@elasadorderoa.com.

Data: 07-03-2017 
Posto: DEPENDENTE DE PEIXERÍA
Lugar: Arzúa-Melide-O Pino (A Coruña).
Descrición: Precísase dependente para peixería.
Publicada/Xestionada: Particular (Antonio): ☎ 656834385.

Data: 07-03-2017 
Posto: TITULADO/A EN XORNALISMO OU CIENCIAS DA COMUNICACIÓN (PERSOA CON DISCAPACIDADE)
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: COGAMI selecciona persoa do ámbito da comunicación para desenvolvemento dun plan de marketing dixital, creación de contidos e análise dos datos obtidos. Contrato temporal de 6 meses a xornada completa.
Requisitos: Licenciatura/Grao en Xornalismo, Ciencias da Comunicación ou afíns. Manexo de ferramentas informáticas: Google Analytics, Hootsuite, Google Trends, Facebook Ads, Google Adwords, Blog, RRSS. Posuir certificado de discapacidade e/ou incapacidade.
Publicada/Xestionada: COGAMI (Ana Vázquez): ☎ 981574698. Interesados/as enviar curriculum ao email: sil@cogami.es (data límite de recollida dos currículums: 20 de marzo de 2017).

Data: 07-03-2017 
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Precísase cociñeiro/a para empresa de restauración.
Requisitos: Imprescindible experiencia en banquetes.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as enviar curriculum ao email: cvrestaurante2015@gmail.com.

Data: 07-03-2017 
Posto: FRIGORISTA
Lugar: Pontevedra.
Descrición: IMC Clima, empresa de climatización que traballa con grandes franquías en territorio nacional e en varios países europeos, precisa frigorista.
Requisitos: Dispoñibilidade total para viaxar. Deberá contar con algunha das seguintes combinacións de cursos de prevención de riscos laborais: curso de PRL de 60h + curso de PRL de fontanería e climatización de 6h ou curso de PRL de 8h + curso PRL especifico de fontanería e climatización de 20h.
Publicada/Xestionada: IMC Clima: ☎ 886112947.

Data: 06-03-2017 
Posto: ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Sarria (Lugo).
Descrición: Precísase administrativo/a. Alta en S.S. e comisión.
Requisitos: Con experiencia para ferraxerías e cooperativas.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as enviar curriculum ao email: info@ovn2010.com.

Data: 06-03-2017 
Posto: DOCENTE CURSO DE LIMPEZA
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: COGAMI selecciona docente para impartir curso de limpeza de 120 horas lectivas en horario de 9.00 a 14.00h. Previsión de inicio: marzo/abril.
Publicada/Xestionada: COGAMI. Interesados/as enviar curriculum ao email: formacion@cogami.es.

Data: 06-03-2017 
Posto: DEPENDENTE/A
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Precísase dependente/a. Contrato por horas, dependendo das necesidades da empresa.
Requisitos: Con experiencia. Valorarase formación en decoración interiores, delineante, aparexador/a.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 06-03-2017 
Posto: CONDUTOR/A DE TRÁILER
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Precísase condutor/a de tráiler para ruta Madrid - Galicia.
Requisitos: Con experiencia e ADR.
Requisitos: Imprescindible experiencia en banquetes.
Publicada/Xestionada: Particular. ☎ 649968472.

Data: 06-03-2017 
Posto: AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Empresa situada en Frades (A Estrada) precísa auxiliar administrativo/a por acumulación de tarefas.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as enviar curriculum ao email: asxestions@outlook.es.

Data: 03-03-2017 
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Monterroso (Lugo).
Descrición: Precísase camareiro/a para extras nas fins de semana.
Publicada/Xestionada: Particular (Carlos) ☎ 659382461.

Data: 02-03-2017 
Posto: OPERARIO/A DE FÁBRICA
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Bicolan selecciona operario/a de fábrica para limpeza e lacado de pezas metálicas. Xornada laboral intensiva.
Requisitos: Experiencia en posto similar. Dispoñibilidade para traballar temporalmente.
Publicada/Xestionada: Bicolan.

Data: 02-03-2017 
Posto: OPERARIO/A DE MANTEMENTO MECÁNICO
Lugar: Ourense.
Descrición: Eurofirms selecciona operario/a de mantemento mecánico para importante empresa do sector do metal situada en Ourense. Realizará o mantemento mecánico de equipos industriais e maquinarias de fabricación, entre outras tarefas propias da posto. Xornada completa de 40 horas semanais en quenda partida de 09:00h a 13:00h e de 15:00h a 19:00h, cos descansos que establece a lei.
Requisitos: Estudos mínimos de Grao Medio Electromecánica Industrial. Valorable coñecementos en soldadura con electrodo. Experiencia mínima demostrable dun ano como operario/a de mantemento mecánico, realizando tarefas iguais ou similares ás ofertadas. Persoa responsable, organizada, resolutiva, dinámica e con capacidade para traballar en equipo. Valorable residencia próxima á zona de traballo.
Publicada/Xestionada: Eurofirms.

Data: 02-03-2017 
Posto: TÉCNICO/A DE XARDINERÍA E FLORERÍA - TÉCNICO/A SUPERIOR EN PAISAXISMO
Lugar: Melide (A Coruña).
Descrición: Precísase técnico/a en xardinería e florería e/ou técnico/a superior de paisaxismo para explotación de invernadoiros. Contrato a tempo completo (40 horas). Salario a convir, incluindo incentivos en función de obxectivo.
Requisitos: Teñen prioridade os candidatos/as residentes na comarca de Melide e contorna. Formación adicional en hidroponía (será ofertada gratuitamente ao traballador/a ontratado/a).
Publicada/Xestionada: Particular (Alberto Fernández Va). ☎ 630157901.

Data: 01-03-2017 
Posto: CAMAREIRO/A 
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase camareiro/a para para cafetería de próxima apertura
Requisitos: Imprescindible ter don de xentes, ganas de traballar, coñecementos básicos de cociña e experiencia coa bandexa.
Publicada/Xestionada: Particular (Jose): Interesados/as contactar vía email.

Data: 01-03-2017 
Posto: AXUDANTE DE COCIÑA
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase axudante de cociña.
Requisitos: Persoa responsable e con ganas de traballar.
Publicada/Xestionada: Particular (Cristina): ☎ 678801316.

O Último