Data: 28-04-2017 Posto: FRIGORISTA Lugar: Lalín. Descrición: Importante empresa no sector de Frío Industrial busca incorporar frigoris...

Ofertas de Emprego (Abril 2017) 2ª

Data: 28-04-2017
Posto: FRIGORISTA
Lugar: Lalín.
Descrición: Importante empresa no sector de Frío Industrial busca incorporar frigoristas. Realizará o mantemento e reparación de instalacións industriais e posta en marcha.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio - Instalacións Frigoríficas e de Climatización. Experiencia mínima de polo menos 2 anos. Requisitos mínimos de dispoñibilidade xeográfica, carné de conducir e formación de Prevención de Riscos Laborais.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 27-04-2017
Posto: PEITEADOR/A-ESTETICIEN
Lugar: Lalín.
Descrición: Peluqueria Efa precisa peiteador/a-esteticien con experiencia en barbería, estética (limpeza de cute, maquillaxe, pedicura, manicura e depilación á cera).
Requisitos: Experiencia mínima de polo menos 4 anos. Estudos mínimos de formación profesional de grao medio. Coñecementos de pedicura, manicura, maquillaxe, depilación.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 24-04-2017
Posto: IMPLANTADOR/A - REPOÑEDOR/A (4 vacantes)
Lugar: Lalín.
Descrición: Avance Azafatas precisa 4 implantadores/as-repoñedores/as para traballar o día 25 de abril nun centro comercial de Lalín. As funcións a desempeñar serán: montar e repor expositores en horario de mañá, a partir das 6.00h. Ofrécese salario de 7 € netos por hora traballada + km.
Requisitos: Experiencia e coche.
Publicada/Xestionada: Yobalia.

Data: 22-04-2017
Posto: PEÓN/A FORESTAL (Urxente)
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase persoa con equipo forestal para sacar madeira. Incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Particular (Fernando Vilanova So): ☎ 608489338.

Data: 20-04-2017
Posto: LIMPADOR/A (2 vacantes) (PERSOA CON DISCAPACIDADE)
Lugar: Lalín.
Descrición: Integra CEE selecciona 2 limpadores/as para albergue en Lalín. Realizará funcións e tarefas de limpeza residencial (zonas comúns, habitacións, oficinas, baños, etc.) e atención a usuarios/as. Contrato a xornada parcial (31,5h/semana) de luns a domingo, de 13:00 a 22:00 horas a semanas alternas.
Requisitos: Persoa con discapacidade non limitante co posto de traballoe con experiencia en posto de limpeza mínima de 3 meses. Estar inscrito/a como demandante de emprego (non mellora de emprego) no Servizo Público de Emprego e non causar baixa voluntaria dun contrato indefinido nos últimos 3 meses (solicitarase informe de vida laboral). Posuír certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%. Estar inscrito/a como traballador/a con discapacidade na Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Desexable formación en limpeza. Desexable permiso de conducir e vehículo propio.
Publicada/Xestionada: DisJob.

Data: 20-04-2017
Posto: SOLDADOR/A POR FÍO
Lugar: Lalín.
Descrición: Metaldeza precisa soldador/a cualificado/a en semiautomática.
Requisitos: Coñecementos de soldadura por fío.
Publicada/Xestionada: Metaldeza SA (Polígono Industrial de Botos, 11-26, 36500 Lalín-Pontevedra): ☎ 986787062 (Fernando). Interesados/as enviar curriculum ao email: rrhh@metaldeza.com.

Data: 19-04-2017
Posto: DEPENDENTE/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Sanxiao Export SL precisa dependente/a para tenda de telefonía móbil e fixa en Lalín. Realizará as seguintes funcións principais: asesoramento, atención e venda especializada de produtos da compañía. Traballo a xornada completa.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima de polo menos 2 anos. Persoa dinámica, con don de xentes, acostumada a traballar en equipo e na consecución de obxectivos. Valorarase experiencia no sector e en vendas. Posto estable e ben remunerado con plan de incentivos por obxectivos.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 19-04-2017
Posto: CHÓFER DE TRÁILER
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase chófer para tráiler
Requisitos: Con experiencia a nivel nacional. Imprescindible achegar referencias.
Publicada/Xestionada: Particular (Sagrario):☎ 659582002.

Data: 18-04-2017
Posto: LOGOPEDA
Lugar: Lalín.
Descrición: Ana García Psicóloga precisa logopeda.
Publicada/Xestionada: Ana García García (Avda. Buenos Aires nº 32, 36500 Lalín-Pontevedra):☎ 664020883. Interesados/as enviar curriculum ao email: ana.psico@hotmail.es

Data: 18-04-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Bar do Pepe precisa camareiro/a. Quenda de tarde (de 15:00 a 24:00 horas).
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Persoa con ganas de traballar.
Publicada/Xestionada: Bar do Pepe (Avda. dos Olmos núm. 17, Donramiro - 36500 Lalín - Pontevedra). ☎ 986792221. Interesados/as pasar polo local ou inscribirse en Infojobs.

Data: 17-04-2017
Posto: INSPECTOR/A CÁMARAS TERMOGRÁFICAS
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase inspector/a de cámaras termográficas a xornada completa.
Requisitos: Con experiencia en mantemento de instalacións: motores, transformadores, drons, etc. Experiencia no uso de cámaras termográficas ou de termovisión e estudos na área de enxeñaría e tecnoloxía.
Publicada/Xestionada: Aerocámaras (Rúa F nº 9, 1E, Lalín - Pontevedra). ☎ 986781517 - 695265283. Interesados/as enviar curriculum vitae ao email: info@aerocamaras.es.

Data: 17-04-2017
Posto: CHÓFER CON FURGONETA
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase chófer con furgoneta pequena para realizar repartos por Lalín.
Requisitos: Preferiblemente persoas de mediana idade e con coñecementos de novas tecnoloxías.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 16-04-2017
Posto: TRACTORISTA
Lugar: Lalín e outros.
Descrición: Precísase tractorista para campaña.
Requisitos: Demostrar experiencia con tractores en traballos de arar, aboar con cisterna e sementar millo. Valorase experiencia con tractor fendt. Incorporacion inmediata. Preferiblemente persoas da comarca do deza ou cercanías.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as contactar vía email.





Data: 28-04-2017
Posto: ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE ESCOLAR
Lugar: Silleda.
Descrición: Grupo Externa selecciona acompañante de transporte escolar para a realización dunha ruta de 5 horas á semana. Xornada parcial - mañá. Funcións: manter a orde, a seguridade e a atención dos/as menores dentro do autobús e nas paradas. Velar polo cumprimento da normativa de transporte escolar e prevención de riscos. Ofrécese: contrato laboral e alta na Seguridade Social, salario de 140€ brutos/mes e incorporación a bolsa de emprego.
Requisitos: Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Non se requiren estudos mínimos. Dispoñibilidade para traballar 1 hora ao día de luns a venres en horario de mañá. Desexable experiencia como acompañante escolar ou como monitor/a de tempo libre. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 26-04-2017
Posto: APRENDIZ DE TORNEIRO/A-FRESADOR/A
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase aprendiz de torneiro/a-fresador/a para próxima incorporación a persoal en fábrica de estruturas metálicas.
Requisitos: Incorporación inmediata. Dispoñibilidade horaria. Ganas de aprender. Nocións básicas en fabricación metálica.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017A35.

Data: 26-04-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase camareiro/a para incorporación a persoal en coñecida cafetaría/pub en quenda de tarde/noite.
Requisitos: Experiencia acreditada en posto similar. Bo trato e don de xentes. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017A34.

Data: 24-04-2017
Posto: AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase auxiliar administrativo/a  para funcións de atención telefónica, atención ao/á cliente, cobro en caixa e tarefas varias. Contrato 6 meses con posibilidade de prórroga.
Requisitos: Estudos mínimos de Ciclo de Formación Profesional da rama administrativa ou de comercio. Preferible persoa menor de 30 anos. Idiomas: castelán e galego.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Auxiliar Administrativo/a".

Data: 24-04-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Parrillada Fonte precisa camareiro/a para fins de semana.
Publicada/Xestionada: Parrillada Fonte (Piñeiro, Silleda): ☎ 986585220. Interesados/as enviar curriculum ao email: soniagulias@hotmail.com.

Data: 19-04-2017
Posto: REPARTIDOR/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase repartidor/a a media xornada para domingos e cubrir vacacións.
Requisitos: Preferible persoa maior de 30 anos. Carné de conducir e coche propio.
Publicada/Xestionada: Particular (Alex): ☎ 685548042.

Data: 19-04-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Debibián Café-Bar precisa camareiro/a.
Requisitos: Con dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Debibián Café-Bar (Rúa República Arxentina nº 11, Silleda-Pontevedra): ☎ 986581792. Interesados/as enviar curriculum ao email: debibian.cafebar@gmail.com.

Data: 19-04-2017
Posto: TORNEIRO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase torneiro/a. Incorporación en xuño aproximadamente. Contrato por un ano.
Requisitos: Con experiencia, ou formacion en mecanizado. Persoa preferiblemente menor de 30 anos, aínda que non é descartable a idade.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as contactar vía email.

Data: 19-04-2017 
Posto: ROTULISTA
Lugar: Silleda.
Descrición: Arlit precisa rotulista.
Requisitos: Profesional especializado en aplicacións de vinilos sobre vehículos, escaparates e outros soportes publicitarios.
Publicada/Xestionada: Arlit (Parque Empresarial Area 33, Parcela 12, Nave 1, 36540 Silleda-Pontevedra). ☎ 986585545. Interesados/as enviar curriculum ao email: info@arlit.es.

Data: 18-04-2017 
Posto: PINCHE DE COCIÑA
Lugar: Vila de Cruces.
Descrición: Restaurante O Refuxio Merza precisa pinche de cociña a xornada completa para a tempada de verán (15 de xuño a 15 de setembro).
Requisitos: Paixón pola hostalaría e moitas ganas de traballar.
Publicada/Xestionada: Restaurante O Refuxio Merza (Lugar de Reboredo nº 20, 36590 Vila de Cruces, Pontevedra). Interesados/as enviar curriculum ao email: refuxiomerza@gmail.com.

Data: 18-04-2017 
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Vila de Cruces.
Descrición: Restaurante O Refuxio Merza precisa camareiro/a a xornada completa para a tempada de verán (15 de xuño a 15 de setembro).
Requisitos: Paixón pola hostalaría e moitas ganas de traballar.
Publicada/Xestionada: Restaurante O Refuxio Merza (Lugar de Reboredo nº 20, 36590 Vila de Cruces, Pontevedra). Interesados/as enviar curriculum ao email: refuxiomerza@gmail.com.

Data: 18-04-2017 
Posto: AUXILIAR DE ROTULACIÓN
Lugar: Silleda.
Descrición: Nortempo selecciona auxiliar de rotulación para importante empresa do sector da zona de Silleda. Xornada laboral completa.
Requisitos: Experiencia en deseño e equipos de impresión. Imprescindible coñecementos de deseño gráfico, impresión e rotulación.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 17-04-2017
Posto: AXUDANTE DE COCIÑA
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase axudante de cociña para empresa de hostelería.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 17-04-2017
Posto: CONDUTOR/A DE CAMIÓN CON PLATAFORMA ELEVADORA
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase condutor/a para camión con plataforma elevadora. Ofrécese incorporación inmediata.
Requisitos: Permiso de conducir C+E, experiencia mínima dun ano e curso de manipulador/a de alimentos. Dispoñibilidade para traballar por Galicia.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 17-04-2017
Posto: CONDUTOR/A DE CAMIÓN ARTICULADO
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase condutor/a de camión articulado. Ofrécese incorporación inmediata.
Requisitos: Permiso de conducir C+E e experiencia mínima dun ano. Dispoñibilidade para traballar en rutas nacionais.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 17-04-2017
Posto: OFICIAL SOLDADOR/A
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase oficial soldador/a.
Requisitos: Con ampla experiencia.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.





Data: 28-04-2017 
Posto: LIMPADOR/A INDUSTRIAL
Lugar: Caldas de Reis (Pontevedra).
Descrición: Nortempo selecciona limpador/a industrial para limpeza de maquinaria e instalacións para importante empresa de alimentación. Quenda de noite de 22.00h a 6.00h.
Requisitos: Experiencia no posto.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 28-04-2017 
Posto: PROMOTOR/A DE VENDAS
Lugar: Melide (A Coruña).
Descrición: Precísase promotor/a de vendas para importante firma de produtos de limpeza. Traballo os días 5-6 de maio en cadea comercial de Melide. Horario: venres de 17:00 a 21:00 e sábado de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.
Publicada/Xestionada: Yobalia.

Data: 27-04-2017 
Posto: MECÁNICO/A
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Varela Motor SL precisa mecánico/a, oficial de 1ª. Ofrécese contrato indefinido. Salario a convir.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio - Fabricación Mecánica. Experiencia mínima de polo menos 2 anos no sector do automóbil.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 22-04-2017 
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: Guitiriz (Lugo).
Descrición: Restaurante en Guitiriz necesita cociñeiro/a. Posibilidade de aloxamento.
Publicada/Xestionada: Particular: ☎ 683377103.

Data: 21-04-2017 
Posto: AXENTE COMERCIAL
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase axente comercial.
Requisitos: Estudos mínimos de bacharelato. Perfil comercial.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/a demandante: ☎ 012.

Data: 21-04-2017 
Posto: MOZO/A DE ALMACÉN - CARRETILLEIRO/A
Lugar: Melide (A Coruña).
Descrición: Nortempo selecciona operario/a de almacén para xestión de pedidos, organización, clasificación de mercadoría con carretilla elevadora. Ofrécese contrato eventual (1 mes).
Requisitos: Posesión dun ciclo medio formativo. Experiencia en almacén e manexo de carretilla elevadora. Imprescindible carné de carretillero/a. Valorable carné de manipulador/a alimentos.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 21-04-2017 
Posto: AUXILIAR CONTABLE
Lugar: Lugo.
Descrición: Nortempo selecciona auxiliar contable para importante empresa de Lugo. Ofrécese contrato inicial de 6 meses con posibilidade de continuidade. Horario de luns a xoves de 08:00-14:00 e de 16:00 a 19:00 horas; e venres de 08:00 a 15:00 horas. Salario 15.000 euros brutos anuais.
Requisitos: Formación de ciclo superior ou universitaria en rama administración. Imprescindible 2 anos de experiencia como contable. Valorable cursos de contabilidade.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 20-04-2017 
Posto: DESEÑADOR/A WEB
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Código Digital precisa deseñador/a web a xornada completa.
Requisitos: Dominio de deseño web a través de CMS's como Wordpress e Prestashop. Experiencia demostrable de polo menos 1 ano (deberán enviar direccións das webs desenvolvidas). Valoraranse coñecementos en deseño gráfico, deseño multimedia e redes sociais.
Publicada/Xestionada: Código Digital (Rúa Justo Martínez nº 20, baixo esquerda, 36680 A Estrada -
Pontevedra). ☎ 986095294 – 693633600, info@codigodigital.es.

Data: 18-04-2017 
Posto: APRENDIZ DE REPARACIÓN DE CALDEIRAS
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición:  Precísase aprendiz de reparación de caldeiras para a zona de Santiago. Contrato de formación ou aprendizaxe.
Requisitos: Non necesaria titulación. Residencia en Santiago ou arredores. Preferiblemente persoa menor de 30 anos. Non se require experiencia previa no posto.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

O Último