O vindeiro 20 de outubro bota a andar a primeira actividade do Programa Integrado de Emprego do Concello de Lalín. "Creando a miña...

O Programa Integrado de Lalín arrinca cun obradoiro de coaching

O vindeiro 20 de outubro bota a andar a primeira actividade do Programa Integrado de Emprego do Concello de Lalín.

"Creando a miña propia fórmula para atopar emprego" é o título desta xornada que, aplicando técnicas do coaching, busca incrementar a motivación na procura de emprego das persoas participantes no programa.

Trátase de que descubran e interioricen ideas e conceptos que apoien a súa busca de emprego, xestionen emocións e se orienten a resultados, de tal forma que:

  • Tomen conciencia da responsabilidade e poder que teñen sobre os seus resultados.
  • Definan obxectivos claros para a eficacia na súa procura de emprego.
  • Poñan o foco nas súas fortalezas para aliñalas cos seus obxectivos.
  • Comprendan o "optimismo realista" e a importancia da actitude.
  • Comproben que todo ocorre desde dentro cara a fóra.
  • Atopen ferramentas para construír paso a paso a súa fórmula para atopar emprego.

O Último