O Concello de Lalín publicou os listados definitivos de persoas admitidas e excluídas no proceso de selección de 4 prazas de AXENTE D...

Convocatoria de exames das prazas de axente de aparcadoiro para o parking público Aldea Grande



O Concello de Lalín publicou os listados definitivos de persoas admitidas e excluídas no proceso de selección de 4 prazas de AXENTE DE APARCADOIRO para o parking público "Aldea Grande".

O acceso a estas prazas levarase a cabo polo sistema de oposición libre.

Os exercicios comezarán o xoves día 28 de abril no complexo deportivo municipal "Lalín Arena".


Prazas convocadas e relación de persoas admitidas e excluídas


Están convocadas 4 prazas de AXENTE DE APARCADOIRO: Tres prazas a tempo completo (unha delas reservada para persoas con discapacidade) e unha a media xornada. 

A institución municipal recibiu máis de 300 solicitudes de participación no proceso. A relación de persoas admitidas e excluídas é a seguinte:



Exercicios da fase de oposición


PRIMEIRO EXERCICIO. De carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito 20 preguntas tipo test con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do programa. O tempo máximo de realización da proba será de trinta (30) minutos.

Puntuarase 0,50 puntos por cada pregunta acertada. A puntuación máxima desta proba será de 10 puntos.

SEGUNDO EXERCICIO. De carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na resolución dun caso práctico proposto polo tribunal e relacionado co contido do programa no tempo que determine o tribunal. Cunha puntuación máxima de 10 puntos.

Por cada catro respostas erróneas descontarase unha correcta ou no seu caso, a súa parte proporcional. As respostas en branco non se terán en conta.


Datas e lugar de realización do primeiro exercicio


Xoves 28 de abril ás 11.00 horas no Complexo Deportivo Municipal "Lalín Arena" (Avda. Xosé Cuiña nº 42).




O Último