A Deputación Provincial de Lugo abriu este venres un proceso selectivo para a elaboración de listaxes de persoas interesadas en formaliz...

A Deputación de Lugo lanza unha convocatoria para elaborar listaxes de persoas tituladas interesadas en formalizar contratos en prácticas


A Deputación Provincial de Lugo abriu este venres un proceso selectivo para a elaboración de listaxes de persoas interesadas en formalizar contratos laborais temporais en prácticas. A medida, dirixida a traballadores/as titulados/as sen experiencia no ámbito funcional da súa formación, ten unha finalidade formativa e de inserción profesional no mercado laboral.


Prazas convocadas


- Graduado/a en Xornalismo (2).
- Graduado/a en Comunicación Audiovisual (1).
- Graduado/a en Dereito (1).
- Técnico/a Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede (1).
- Técnico/a Superior en Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos (1).
- Técnico/a Superior en Sistemas en Secretariado (1).


Requisitos que deben cumprir as persoas aspirantes


Requisitos xerais:

a) Ter nacionalidade española ou ter nacionalidade doutro Estado co alcance que se sinala no artigo 57 do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas da praza/posto/emprego á que aspira.
c) Ter cumpridos 16 anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no seu caso o persoal laboral, no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
e) No caso da cota de discapacitados/as, ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. 

Requisitos específicos:

a) Estar en posesión de título universitario ou de formación profesional de grao medio ou superior ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, de acordo coas leis reguladoras do sistema educativo vixente, ou de certificado de profesionalidade de acordo co previsto na Lei Orgánica 6/2002, de 19 de xuño, das Cualificacións e da Formación Profesional, que habiliten para el exercicio profesional. A devandita titulación académica será a sinalada nas bases específicas.

-Na cota xeral: Os/as aspirantes maiores de 30 anos: Dende a data de terminación dos estudos non poderán transcorrer máis de 5 anos. Aos/ás menores de 30 anos non se lles terá en conta a data de terminación dos estudos.

-Na cota de discapacitados: Os/as aspirantes maiores de 30 anos: Dende a data de terminación dos estudos non poderán transcorrer máis de 7 anos. Aos/ás aspirantes menores de 30 anos non se lles terá en conta a data de terminación dos estudos.


Prazo de presentación de solicitudes


Para participar no proceso selectivo as persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude no modelo oficial no prazo de 10 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP Lugo núm. 114, 19.05.2016).


Máis información


Bases xerais que rexen os procesos selectivos para acceder ás listaxes de aspirantes a formalizar contratos en prácticas da Deputación Provincial de Lugo (Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 114, 19.05.2016).

O Último