A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, abre a convocatoria de probas encamiñadas...

Convocatoria de probas para obter carnés e habilitacións profesionais en diversas especialidades 2017


A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, abre a convocatoria de probas encamiñadas á obtención de carnés profesionais e habilitacións profesionais en varias especialidades.

As persoas interesadas poderán presentar máis dunha solicitude para a obtención de máis dun carné profesional ou habilitación profesional se así o desexan.

Os exames realizaranse nos centros integrados de formación profesional (CIFP), ou naqueles outros dependentes da consellería que se estableza, en dúas convocatorias independentes, denominadas ordinaria e extraordinaria, en atención ao período do ano no que se desenvolven.


Carnés profesionais e habilitacións profesionais convocadas para o ano 2017


Carnés profesionais:

– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

Habilitacións profesionais:

– Operador/a industrial de caldeiras.
– Instalador/a de gas, categoría A.
– Instalador/a de gas, categoría B.
– Instalador/a de gas, categoría C.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.


Requisitos que deben reunir as persoas aspirantes a participar nas probas


Para ser admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar en idade legal laboral ou ter a idade mínima que, de ser o caso, poida esixir a normativa sectorial correspondente.
b) Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.


Prazo de solicitude para participar nas probas


As persoas interesadas en participar nas probas deberán presentar solicitude de admisión e aboar a taxa correspondente (38,75 euros) nos seguintes prazos:

1. Para a convocatoria ordinaria: desde o día 2 ao día 15 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.
2. Para a convocatoria extraordinaria: desde o día 3 ao día 14 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos.


Máis información


Orde do 15 de febreiro de 2017 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2017 (DOG nº 41 do 28.02.2017).

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA
SUBDIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL
Servizo de Xestión da Formación Profesional
San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 981997095 - Fax: 981546551


O Último