O IES Laxeiro de Lalín ten previsto iniciar o 30 marzo un curso para a obtención do certificado de profesionalidade "Mantemento dos...

Curso para a obtención do Certificado de Profesionalidade de Mantemento dos Sistemas Eléctricos e Electrónicos de Vehículos no IES Laxeiro


O IES Laxeiro de Lalín ten previsto iniciar o 30 marzo un curso para a obtención do certificado de profesionalidade "Mantemento dos Sistemas Eléctricos e Electrónicos de Vehículos" (520 horas) dirixido prioritariamente a persoas desempregadas.

A formación, de carácter presencial e gratuíta, proporciona unha acreditación oficial das cualificacións profesionais recollidas no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais recoñecendo a capacitación para a realización do mantemento e montaxe de accesorios nos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos automóbiles, industriais, motocicletas, maquinaria agrícola e de obras públicas, aplicando as técnicas e procedementos establecidos, conseguindo a calidade requirida en condicións de seguridade:

- Manter os sistemas de carga e arranque de vehículos.
- Manter os circuítos eléctricos auxiliares de vehículos.
- Manter os sistemas de seguridade e confortabilidad de vehículos.


Módulos formativos do Certificado de Profesionalidade


MF0626_2: Sistemas de carga e arranque de vehículos e circuítos electrotécnicos básicos (210 horas).
- Electricidade, electromagnetismo e electrónica aplicados ao automóbil (80 horas).
- Mantemento do sistema de arranque do motor do vehículo (50 horas).
- Mantemento do sistema de carga con alternador (50 horas).
- Prevención de riscos laborais e ambientais en mantemento de vehículos (30 horas).

MF0627_2: Circuítos eléctricos auxiliares de vehículos (150 horas).
- Mantemento de sistemas de iluminación e de sinalización (50 horas).
- Mantemento dos dispositivos eléctricos de habitáculo e cofre motor (30 horas).
- Mantemento de redes multiplexadas (40 horas).
- Prevención de riscos laborais e ambientais en mantemento de vehículos (30 horas).

MF0628_2: Sistemas de seguridade e confortabilidade de vehículos (140 horas).
- Mantemento de sistemas de seguridade e de apoio á condución (40 horas).
- Mantemento de sistema de climatización (40 horas).
- Montaxe e mantemento de equipos audio, vídeo e telecomunicacións (30 horas).
- Prevención de riscos laborais e ambientais en mantemento de vehículos (30 horas).

MP0230: Módulo de prácticas profesionais non laborais de Mantemento dos Sistemas Eléctricos e Electrónicos de Vehículos (80 horas).


Requisitos de acceso á formación


A formación ten un nivel de cualificación profesional 2 polo que para poder acceder as persoas aspirantes deberán cumprir algún dos requisitos seguintes:

a) Estar en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria (LOE ou LOXSE).
b) Estar en posesión do título profesional básico (Real decreto 127/2014).
c) Estar en posesión do título de técnico/a auxiliar (FP1).
d) Estar en posesión do título de técnico/a (ciclo formativo de grado medio).
e) Estar en posesión do título de técnico/a deportivo.
f) Estar en posesión do título de técnico/a de artes plásticas e deseño.
g) Estar en posesión do título de técnico/a militar.
h) Estar en posesión do título de oficialía industrial.
i) Ter tres cursos comúns do plan de 1963 ou 2º curso de comúns experimental, das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.
j) Ter 2º de BUP cun máximo de dúas materias pendentes entre os cursos de 1º e 2º de BUP.
k) Ter o 2º curso do primeiro ciclo experimental de reforma das ensinanzas medias (REM).
l) Ter dous cursos comúns do plan experimental do ano 1984 (artes aplicadas e oficios artísticos).
m) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder (certificado de profesionalidade de nivel 2).
n) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.
ñ) Ter superado os módulos obrigatorios dun programa de cualificación profesional inicial (PCPI).
o) Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas.
p) Ter superado un curso de formación específico para o acceso a ciclos de grao medio en centros públicos ou privados autorizados pola administración educativa.
q) Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos.
r) Ter o certificado de apto/a nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación correspondente, a través da superación das probas de avaliación en competencias clave convocadas pola Consellería de Traballo e Benestar. Están exentas da realización destas probas as persoas que superasen con avaliación positiva accións formativas correspondentes a competencias clave que figuren no ficheiro de especialidades formativas do Servizo de Emprego Público Estatal.
s) Outros estudos declarados equivalentes para efectos académicos con algún dos anteriores.
t) Calquera titulación, certificación ou acreditación que dea acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 3 de cualificación.


Selección de participantes


As persoas desempregadas son as principais destinatarias desta formación. Para acceder a ela é necesario solicitala na oficina de emprego. Os candidatos/as serán seleccionados/as e convocados/as pola oficina de emprego con 15 días hábiles de antelación á realización da proba de selección no centro de formación. Transcorrido ese prazo, tamén poderán ser seleccionados/as polo propio centro despois de convocatoria pública mediante anuncio na prensa local se quedasen prazas vacantes.

Igualmente, poderán participar as persoas traballadoras ocupadas (cun límite do 25% das prazas) cando o curso non se cubra con persoas traballadoras desempregadas (deberán solicitalo directamente no IES).


Ocupacións e postos de traballo que se poden desempeñar


- Electricista de vehículos.
- Electricista electrónico de mantemento e reparación en automoción.
- Electricista de automóbil.
- Electricista de vehículos industriais, maquinaría de obra pública e agrícola.
- Electricista e/ou electrónico de automoción, en xeral.


Máis información


IES Laxeiro (Avda. Buenos Aires, 71 - 36500 Lalín). Tlf. 986781656. Email: ies.laxeiro@edu.xunta.es.

O Último