A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca a segunda edición do programa Líd...

Líderes de futuro - Programa de Liderado e Innovación Social


A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca a segunda edición do programa Líderes de futuro - Programa de Liderado e Innovación Social. Este programa busca facilitar ás persoas participantes, aqueles coñecementos e ferramentas practicas que lles permitan liderar na súa contorna proxectos nos ámbitos do emprendemento, o asociacionismo ou o voluntariado.

O programa ten caracter gratuíto e as súas prazas están limitadas a 20 participantes.


Finalidade do programa


O programa Líderes de futuro - Programa de Liderado e Innovación Social ten como obxectivo desenvolver as competencias clave dos mozos/as participantes, así como facilitarlles as ferramentas conceptuais e prácticas necesarias, que lles permitan enfrontarse con éxito a proxectos de innovación social na súa contorna.

Desde o punto de vista formativo, pretende facilitar o contacto entre mozos/as da comunidade, construíndo unha rede que favoreza a colaboración en proxectos de impacto social positivo entre entidades xuvenís e de acción voluntaria e mozos/as a título individual.


Destinatarios/as


a) Persoas que formen parte das entidades inscritas non censo de Entidades Xuvenís ou no Rexistro de Acción Voluntaria da Dirección, Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

b) Mozos/as con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos que a título individual participasen nalgún dos programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e demostren calidades para liderar na súa contorna proxectos innovadores cun impacto social positivo.


Contidos e lugar de celebración


O programa comprende 4 sesións intensivas, de 3 días de duración cada unha, no Albergue Xuvenil de Gandarío (Cornida nº 20, Bergondo-A Coruña):

1. Participación e empoderamento xuvenil. (3-4-5 de marzo)
2. Innovación e emprendemento no ámbito da sociedade civil. (31 de marzo, 1-2 de abril)
3. Emprendemento e modelos de negocio disruptivos. (5-6-7 de maio)
4. Liderado social: características e competencias. (8-9-10 de setembro)


Forma e prazo de inscrición


A inscrición debe realizar a través do formulario de solicitude do 1 ó 15 de febreiro de 2017.


Máis información


Dossier informativo do Programa Líderes de futuro - Programa de Liderado e Innovación Social

O Último