A Consellería de Economía, Emprego e Industria abre a convocatoria de axudas para a promoción e consolidación do emprego autónomo . Es...

Axudas para establecerse como traballador/a autónomo e incentivos á contratación indefinida inicial


A Consellería de Economía, Emprego e Industria abre a convocatoria de axudas para a promoción e consolidación do emprego autónomo. Estas axudas están destinadas, por un lado, a financiar proxectos empresariais en Galicia que faciliten ás persoas desempregadas a creación do seu propio posto de traballo, e, por outro, a consolidación do emprego autónomo mediante incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.


Programas - Liñas de axuda


a) Programa I. Promoción do emprego autónomo. Concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte ós distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral. Subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e as condicións establecidos nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive.

b) Programa II. Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas. Concesión de incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia. Contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e o 13 de marzo de 2017.


Beneficiarios/as da axuda


a) Programa I. Promoción do emprego autónomo. Persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación,  e que cumpran os requisitos establecidos na Orde reguladora.

b) Programa II. Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.  Persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.


Prazos de solicitude


Programa I: Desde o día seguinte á data de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (13.03.2017) ata o 30.09.2017.
Programa II: Dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da orde (13.03.2017).


Máis información


Orde do 7 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e o Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2017 (DOG núm. 50 do 13.03.2017).

O Último