O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación abre a convocatoria de exames para o nomeamento de Tradutores/as-Intérpretes Xurad...

Convocatoria de exames para a obtención do título de Tradutor/a-Intérprete Xurado/a de Inglés


O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación abre a convocatoria de exames para o nomeamento de Tradutores/as-Intérpretes Xurados/as, idioma Inglés, que se celebrarán a partir do día 1 de maio de 2017.


Requisitos dos/as participantes


As persoas interesadas en participar nos exames para a obtención do título de Tradutor/a-Intérprete Xurado/a deben reunir os seguintes requisitos:

a) Ser maior de idade.
b) Ter a nacionalidade española ou de calquera outro Estado membro da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou de Suíza.
c) Posuír un título español de Grao ou Licenciatura, ou calquera título cuxa correspondencia ao nivel 2 ou 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior quedase establecida en virtude do Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de educación superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do marco español de cualificacións para a educación superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado («BOE» de 22 de novembro de 2014). Os/as aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán estar en posesión da correspondente credencial de homologación ou, no seu caso, do correspondente certificado de equivalencia, emitidos polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.


Probas


Os exames para a obtención do título de Tradutor/a-Intérprete Xurado/a constarán do tres exercicios:

O primeiro exercicio, en castelán, constará de 50 preguntas (máis 5 de reserva), tipo test, de carácter gramatical e terminolóxico, sobre as materias comprendidas no temario que se publica como Anexo na convocatoria.

O segundo exercicio comprenderá tres probas, todas elas eliminatorias: a) tradución ao castelán, sen dicionario, dun texto de carácter xeral de tipo literario, xornalístico ou ensaístico en inglés, b) tradución ao inglés, sen dicionario, dun texto de carácter xeral de tipo literario, xornalístico ou ensaístico en castelán, c) tradución ao castelán, con dicionario, dun texto de carácter xurídico ou económico en inglés. As tres probas do segundo exercicio celebraranse o mesmo día.

O terceiro exercicio será de carácter oral. Este exercicio, que comprenderá unha proba de interpretación consecutiva tanto do castelán ao inglés como do inglés ao castelán e, se o Tribunal considérao oportuno, un diálogo co/a aspirante, permitirá a aquel verificar o dominio e comprensión da lingua de partida e de chegada por parte do candidato/a.


Prazo de solicitude para a participación nas probas


O prazo de presentación de instancias é de 20 días naturais a partir do seguinte ao da publicación da  convocatoria no Boletín Oficial do Estado (13.03.2017).


Máis información


Resolución de 8 de marzo de 2017, da Subsecretaría, pola que se convocan exames para a obtención do título de Tradutor-Intérprete Xurado (BOE núm. 61 do 13 de marzo de 2017)

O Último