A Comunidade Autónoma de Galicia abre nova convocatoria do procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesio...

Aberto proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria



A Comunidade Autónoma de Galicia abre nova convocatoria do procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación xestionada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa será a encargada da organización e do desenvolvemento do proceso que terá lugar en 19 centros integrados de formación profesional (CIFP) das 4 provincias galegas. Haberá 9.850 prazas disponibles, 1.010 máis que na convocatoria anterior.


Relación de unidades de competencia e prazas obxecto de acreditación


As unidades de competencia e o número de prazas obxecto de recoñecemento, así como a súa relación cos títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade están dispostas na orde de convocatoria. Por familias profesionais e ciclos formativos son os seguintes:

Familia profesional: Administración e xestión. Ciclo formativo: MADG01 Xestión administrativa.
Familia profesional: Agraria. Ciclo formativo: MAGA03 Xardinaría e floraría.
Familia profesional: Edificación e obra civil. Ciclos formativos: MEOC01 Construción e MEOC02 Obras de interior, decoración e rehabilitación.
Familia profesional: Electricidade e electrónica. Ciclos formativos: MELE01 Instalacións eléctricas e automáticas e MELE02 Instalacións de telecomunicacións.
Familia profesional: Fabricación mecánica. Ciclos formativos: MFME01 Mecanizado e MFME02 Soldadura e caldeiraría.
Familia profesional: Hostalaría e turismo. Ciclos formativos: MHOT01 Cociña e gastronomía, MHOT02 Servizos en restauración e SHOT01 Xestión de aloxamentos turísticos.
Familia profesional: Imaxe persoal. Ciclos formativos: MIMP01 Estética e beleza e MIMP02 Peiteado e cosmética capilar.
Familia profesional: Industrias alimentarias. Ciclo formativo: MINA01 Panadaría, repostaría e confeitaría.
Familia profesional: Informática e comunicacións. Ciclos formativos: MIFC01 Sistemas microinformáticos e redes.
Familia profesional: Instalación e mantemento. Ciclos formativos: MIMA01 Instalacións frigoríficas e de climatización e MIMA02 Instalacións de produción de calor.
Familia profesional: Madeira, moble e cortiza. Ciclos formativos: MMAM01 Carpintaría e moble e MMAM02 Instalación e amoblamento.
Familia profesional: Química. Ciclo formativo: SQUI01 Laboratorio de análise e de control de calidade.
Familia profesional: Sanidade. Ciclos formativos: MSAN01 Emerxencias sanitarias e MSAN02 Farmacia e parafarmacia.
Familia profesional: Servizos socioculturais e á comunidade. Ciclo formativo: SSSC01 Educación infantil.
Familia profesional: Transporte e mantemento de vehículos. Ciclos formativos: MTMV01 Carrozaría,  MTMV02 Electromecánica de vehículos automóbiles e MTMV03 Electromecánica de maquinaria.


Requisitos para participar no procedemento

 
Para acceder a este procedemento, os candidatos/as deberán cumprir os requisitos seguintes: 

a) Posuír a nacionalidade española, dispor do certificado de rexistro de cidadanía comunitaria ou da tarxeta de familiar de cidadán da Unión Europea, ou ser titular dunha autorización de residencia ou de residencia e traballo en España en vigor, nos termos establecidos na normativa española de estranxeiría e inmigración. 

b) Ter feitos no momento de realizar a inscrición 18 anos para as unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel I e 20 anos para as unidades de competencia de nivel II e III.

c) Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar. 

c.1) No caso de experiencia laboral, xustificar polo menos tres (3) anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria, para unidades de competencia de niveis II e III, e para unidades de competencia de nivel I xustificarán cando menos 2 anos cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total.

c.2) No caso de formación, xustificaranse polo menos 200 horas para unidades de competencia de nivel I ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis II e III, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Nos casos en que os módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretenda acreditar prevexan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes módulos.

d) As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nun curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular) ou realizando formación profesional para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia nas cales solicita a súa inscrición. Tampouco poderán estar en posesión dun título de formación profesional ou dun certificado de profesionalidade que conteña a/s unidade/s de competencia que solicita, nin as súas equivalentes ou a acreditación parcial da/s unidade/s de competencia que solicita. Ademais, non poderán estar inscritas noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera Administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia.

As persoas maiores de 25 anos que cumpran os requisitos de experiencia laboral ou formativa indicados e que non poidan xustificalos mediante os documentos sinalados poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento, sempre e cando presenten xustificación mediante algunha proba admitida en dereito da súa experiencia laboral ou das aprendizaxes non formais de formación. 


Prazo de solicitude


O prazo de presentación de solicitudes é desde o 11 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos.


Máis información




O Último